Arnold Schwarzenegger

Fisicoculturista, actor, e político estadounidense de orixe austríaca From Wikipedia, the free encyclopedia

Arnold Schwarzenegger
Remove ads

Arnold Alois Schwarzenegger, nado en Thal, Austria o 30 de xullo de 1947, é un fisicoculturista, actor, e político estadounidense de orixe austríaca. Schwarzenegger foi o 38º gobernador de California dende 2003 a 2011.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Arnold Schwarzenegger comezou un adestramento de musculación con 15 anos. Gañou o título de Mr. Universe con 20 anos e gañou o Mr. Olympia sete veces. Schwarzenegger ficou como unha figura importante do culturismo e escribiu varios libros e artigos sobre esta práctica. Schwarzenegger acadou a fama internacional como unha icona dos filmes de acción de Hollywood. O seu primeiro grande éxito foi o filme épico Conan o bárbaro en 1982, cuxa recadación motivou unha secuela.[1] En 1984, apareceu no filme de ciencia ficción de James Cameron Terminator, que foi un grande éxito de recadación e de crítica. Schwarzenegger retomou o papel de Terminator nos seguintes filmes da franquía en 1991, 2003, 2015 e 2019.[1][2][3][4] Apareceu en gran número de filmes, como Commando (1985), The Running Man (1987), Predator (1987), Twins (1988), Total Recall (1990), Kindergarten Cop (1990) e True Lies (1994). Nos seus tempos de culturista era alcumado "Austrian Oak" (carballo austríaco) ou "Styrian Oak" (carballo de Estiria), "Arnie" na industria do cine, e "The Governator" cando comezou a facer carreira política.[5]

Politicamente, Schwarzenegger pertence ao Partido Republicano, en representación do cal foi elixido Gobernador do estado de California en 2003 e reelixido en 2006. Porén, en 2020 e 2024 votou a Joe Biden e Kamala Harris (do Partido Demócrata) porque é un opositor do empresario e político Donald Trump.

Remove ads

Vida persoal

Estivo casado con Maria Shriver, sobriña de John F. Kennedy, que forma parte do máis prestante clan demócrata do país a pesar de que Schwarzenegger é do Partido Republicano. Xuntos tiveron 5 fillos. Divorciáronse no ano 2021.

Filmografía

Thumb
Estrela de Schwarzenegger no Paseo da Fama de Hollywood
Máis información Ano, Filme ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads