Terra de Israel

Termo histórico empregado para se referir aos antigos reinos de Xudá e Israel From Wikipedia, the free encyclopedia

Terra de Israel
Remove ads

A Terra de Israel (hebreo: ארץ ישראל— Eretz Yisrael) é un termo histórico empregado nas tradicións xudía e cristiá para referirse aos antigos reinos de Xudá e Israel, é dicir, ao territorio dos israelitas. A Biblia emprega as expresións "Terra Prometida" e "A Terra de Israel", provendo os contornos máximos, así como tamén os mínimos do territorio en cuestión.[1][2] Os cristiáns usan a miúdo a denominación "Terra Santa", expresión á súa vez tamén empregada ocasionalmente polos hebreos.

Thumb
Eretz Israel (ארץ ישראל) ou "A Terra de Israel", coas doce tribos. Mapa en hebreo por Abraham Bar Jacob, Hagadá de Ámsterdam, 1695.
Thumb
Israel en tempos de David.
Thumb
Israel a fins do reinado de Salomón (rosa), con área de influencia xerosolimitana (vermello).
Thumb
Mapa cos límites da Terra de Israel a partir de Números 34 e Ezequiel 47.
Remove ads

Límites segundo o texto bíblico

Límetes máximos:

  • A túa descendencia darei esta terra, desde o río de Exipto ata o río grande, o Éufrates. —Xénese 15:18.[3]
  • Volvede e ide ao monte do amorreo e a todas as súas comarcas, no Arabá, no monte, nos vales, no Neguev e xunto á costa do mar, á terra do cananeo e ao Líbano, ata o gran río, o río Éufrates. —Deuteronomio 1:7.[4]
  • Todo lugar que pise a planta de voso pie será voso: desde o deserto ata o Líbano, desde o río Éufrates ata o mar occidental será voso territorio. —Deuteronomio 11:24.[5]

Límites mínimos:

  • Díxolle o Señor a Moisés:: "Ordénalles ós fillos de Israel: Cando entredes no país de Canaán, este será a terra que vos tocará en posesión: o país de Canaán conforme os seus límites. Polo sur pertenceravos desde o deserto de Sin, seguindo a fronteira de Edom; esta fronteira meridional partirá desde o extremo do Mar Morto polo abrente; logo dará un rodeo cara ó sur, pola subida de Acrabim, e baixará ata o Sin, e chegará ó sur de Cadex-Barnea; logo irá saír a Hasar-addar e pasará a Asmón. Logo a fronteira torcerá desde Asmón cara ó Torrente de Exipto e terminará no mar. Por fronteira occidental teredes o Mar Mediterráneo: esta será para vós a fronteira ó oeste. Por fronteira setentrional teredes a seguinte: desde o Mar Mediterráneo trazaredes unha liña ata o monte Hor; desde o monte Hor trazaredes unha liña ata a entrada de Hamat, indo saír a fronteira ata Sedad. 9Logo a fronteira conducirá a Zifrón, terminando en Hasarenán. Tal será para vós a fronteira setentrional. Logo trazaredes unha liña como fronteira oriental desde Hasar-enán cara a Xefam. A fronteira baixará desde Xefam ata Ha-Riblah, ó oriente de Ain, e seguirá baixando ata tocar a beira oriental do lago de Xenesaret; despois baixará a fronteira ata o Xordán, indo dar ó Mar Morto. Tal será para vós o país en todo o perímetro das súas fronteiras".–Números 34:1-12.[6]
  • Estes son os lindeiros do país: polo lado do norte: desde o mar Mediterráneo, polo camiño de Hetlón, entrando en Sedadah, Hamat, Berotah, Sibraim ‑entre a marxe de Damasco e a marxe de Hamat‑, Haser do medio que está cerca do territorio de Haverán. Así esta fronteira irá desde o mar ata Haser Enón, lindando co territorio de Damasco polo norte, e ó norte tamén o territorio de Hamat. Tal será o lado norte. Velaquí o lado do nacente: medide vós entre Haverán e Damasco, e entre Galaad e a terra de Israel, logo o Xordán será a linde ata o mar do nacente. Tal será o lado do nacente. Velaí o lado do Négueb, cara ó sur: desde Tamar ata o oasis de Meribah de Cadex, na dirección do río e ata o mar Mediterráneo: tal será o lado do sur, na dirección do Négueb. Velaí o lado do poñente: o mar Mediterráneo serve de marxe fronte á entrada de Hamat: este é o lado do poñente.—Ezequiel 47:15-20.[7]
Remove ads

Historia do termo

Desde a época romana até o presente, a Terra de Israel tivo diferentes denominacións, ás veces incluíndo zonas de Exipto, Xordania, Siria e Turquía. Desde tempos do imperio persa (538 a. C.) e até a vitoria romana sobre os israelitas (70 d. C.), o territorio era en termos xerais denominado Xudea e, eventualmente, chegou a comprender Samaria e Galilea, así como tamén Idumea, Perea e Batanea.[8]

Logo da destrución de Xerusalén e o seu Templo, os romanos cambiaron o seu nome polo de "Palestina" .[9] Mais, durante case dous mil anos, até a creación do Estado de Israel, e mesmo a partir diso, o pobo xudeu seguiu e segue referíndose ao mencionado territorio ancestral a través da expresión Eretz Israel (ארץ ישראל), que significa "Terra de Israel" e, como expresión, áchase á súa vez intrinsecamente ligada á historia nacional do pobo de Israel (עם ישראל).

Remove ads

Cartografía: extensión xeográfica e pobo de Israel

Máis aló do título que poidan presentar, os seguintes mapas suxiren todos unha relación estreita entre o levante mediterráneo e o pobo xudeu en diferentes momentos do seu desenvolvemento histórico como nación, e incluíndo os mesmos unha serie de aspectos que concirnen aos patriarcas, as doce tribos de Israel, o Éxodo, as figuras de Moisés e Aarón, o Tetragramaton, o Tabernáculo e os seus implementos, o Templo de Xerusalén, o reino unificado de Israel en tempos do rei Salomón (século X a.[10] d. C.), os reinos de Xudá e Israel, así como tamén as descricións provistas polo profeta Ezequiel na Biblia.[11]

A forte ligazón histórica que existe entre a Biblia e a Terra Santa é explorada pola investigadora Sarah Kochab no seu libro titulado ’’Israel’’, obra onde tamén sinala a centralidade de Xerusalén, sinalándoa como capital de Israel e relacionándoa co rei David, así como tamén co Templo hebreo de devandita cidade.[12][13]

Incorporan as figuras de Abraham, Moisés e Aarón, así como o Tabernáculo e os implementos, o Templo, referencias ou motivos bíblicos diversos:

  • Abraham Ortelius, Antuerpen 1586.[14]
  • John Speed, Londres 1595
  • Jean-Baptiste Liébaux, c. 1610.
  • Henri Liébaux, c. 1625.
  • Willem Blaeu, Ámsterdan 1629
  • Jacobus Tirinus, Antuerpen 1632
  • Visscher o Vello, Ámsterdan 1659.[15]
  • Nicholas Sanson de Abbeville, 1662
  • Abraham bar Jacob, Ámsterdan, 1695.
  • Keur, 1702.
  • Gilles Robert de Vaugondy, 1745.[16]
  • Johann Christoph Harenberg, Braunschweig 1750.[17]
  • Tobias Lotter, 1759
  • Rigobert Bonne, 1770
  • Charles François Delamarche, París 1797

Mostran os territorios das doce tribos israelitas:

  • Speed, 1595
  • Henri Liébaux, c. 1625
  • Blaeu, 1629
  • Tirinus, 1632
  • Sanson de Abbeville, 1662
  • Bar Jacob, Ámsterdan, 1695
  • Keur, 1702
  • Schryver, Holanda 1729
  • Vaugondy, 1745.[18]
  • Harenberg, 1750
  • Lotter, 1759
  • Rigobert Bonne, 1770
  • Delamarche, 1797
  • Gaon de Vilna, 1802
  • Claude Reignier Conder, 1889

Marcan a presenza de áreas denominadas Xudea, Samaria e Galilea:

  • Abraham Ortelius, Antuerpen 1570
  • Visscher, 1659
  • Keur, 1702
  • Adrian Reland, Utrecht 1714
  • Harenberg, 1750.[19]
  • Tobias Lotter, 1759.[20]
Remove ads

 As sete especies da Terra de Israel

A terra prometida e o que dela emana é enumerados no texto bíblico:

Olla que o Señor, o teu Deus, te vai levar a un país bo, terra de regueiros de auga, de fontes e lagos que saen das veigas e das montañas; terra de trigo e de cebada, de viñas, de figueiras e de granadas, terra de aceite e de mel; terra, onde non has comer o pan con mesquindade, onde nada che faltará; terra que ten as pedras de ferro, e con montañas nas que picarás cobre. Entón ti comerás ata fartarte e bendicirás o Señor, o teu Deus, polo bo país que che deu.—Deuteronomio 8:7-10.[21]

As sete especies da Terra de Israel aparecen representadas nunha serie de selos israelís deseñada por Zvi Narkiss en 1958.

A inscrición citada en cada un dos selos ten a súa fonte de inspiración no texto orixinal que figura no quinto libro da Biblia hebrea:

« אֶרֶץ חִטָּה וּשְׂעֹרָה וְגֶפֶן וּתְאֵנָה וְרִמּוֹן אֶרֶץ זֵית שֶׁמֶן וּדְבָשׁ »
דברים ח:ח (Deuteronomio 8:8).[22]
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads