The Bottom

From Wikipedia, the free encyclopedia

The Bottommap
Remove ads

The Bottom (antes Botte) é a capital e a cidade máis grande da illa de Saba,[1] no Caribe neerlandés, e é a primeira parada no camiño dende o porto de Saba en Fort Bay cara ao resto da illa. Ten aproximadamente 500 habitantes do total de 1.991 insulares.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Historia

A cidade fundouse en 1632 por colonos procedentes de Zelandia. O nome orixinal da cidade era De Botte, unha antiga palabra neerlandesa para facer referencia a unha "cunca". O nome fai alusión á súa localización nun val relativamente plano rodeado de montañas. "The Bottom" (o fondo) é unha corrupción inglesa deste nome. Ao contrario do que suxere o seu nome, a cidade está a uns 220 msnm.

Pronto, os primeiros pobos zelandeses foron superados en número polos mariñeiros e piratas de Irlanda e Escocia, por un lado, e polos escravos africanos por outro. A illa volvéuse tan anglófona que o nome en inglés (The Bottom) convertéuse no máis común.

Remove ads

Linguas

Os habitantes xeralmente falan neerlandés, por ser colonizados por eles e dependentes do Reino dos Países Baixos.

Tamén se pode atopar xente que domina o español, grazas a súa proximidade con países de fala española como Venezuela e Colombia.

Tamén se falan linguas nativas como o papiamento, oficial en toda a illa de Saba e en case todas as Antillas Menores, como Aruba, Curaçao e Bonaire.

Clima

Máis información Datos climáticos para The Bottom, Saba (1971–2000), Mes ...

Infraestrutura

The Bottom alberga oficinas do goberno, un hospital, unha residencia de anciáns, un campo deportivo, tres igrexas, unha biblioteca, varias tendas e os 200 estudantes da Escola de Medicina da Universidade de Saba.[1]

Eventos

Como capital da illa, The Bottom acolle varios eventos ao longo do ano. Durante o verán celébrase aquí o "Entroido de Saba". É un desfile cheo de cor acompañado da música de tambores de aceiro e artistas locais. É un evento moi esperado no calendario de Saba, xa que a maioría da illa xúntase para bailar, cantar e gozar do festival. O Entroido de Saba adoita durar uns días nos que a illa se centra na parte inferior.}

Remove ads

Galería

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads