Aruba

From Wikipedia, the free encyclopedia

Arubamap
Remove ads

Aruba (/əˈrbə/, Holandés: [aːˈrubaː, -ryb-] ( ), Modelo:IPA-pap), oficialmente o País de Aruba (neerlandés: Land Aruba; papiamento: Pais Aruba) é unha illa das Antillas Menores, a máis occidental do grupo de Sotavento a 25 km ao norte da península de Paraguaná, ao noroeste de Venezuela e no sur do mar Caribe, a 80 km ao noroeste da illa de Curaçao.[1] Mide 32 km de lonxitude desde o seu extremo noroeste ata o seu extremo sueste e 10 km de lonxitude no seu punto máis ancho.[1] Xunto con Bonaire e Curaçao, Aruba forma un grupo denominado illas ABC. Colectivamente, estas e as outras tres illas substanciais holandesas do Caribe chámanse a miúdo o Caribe holandés, da que Aruba ten preto dun terzo da poboación. En 1986, converteuse nun país constituínte dentro do Reino dos Países Baixos, e adquiriu o nome oficial de País de Aruba.

Datos rápidos Himno, Localización ...

Formou parte das Antillas Neerlandesas, aínda que na actualidade é un dos catro países que forman o Reino dos Países Baixos, xunto cos Países Baixos, Curaçao e Sint Maarten, os cidadáns destes países son todos holandeses.[2], de forma separada ás Antillas Neerlandesas. Obtivo a súa autonomía, dentro do Reino dos Países Baixos, o 1 de xaneiro de 1986. Aruba non ten subdivisións administrativas, pero, a efectos do censo, está dividida en oito rexións. A súa capital é Oranjestad.[2][1]

A illa forma parte do Reino dos Países Baixos (xunto ás Antillas Neerlandesas e os Países Baixos). Aruba e as Antillas Neerlandesas non forman parte da Unión Europea a semellanza doutros territorios de soberanía europea que comparten este status (como Groenlandia, (Dinamarca), Polinesia Francesa, (Francia) e illas Caimán, (Reino Unido). Porén, existen outros territorios exteriores a Europa de soberanía de países da Unión Europea, que si son parte integrante desta (como a Güiana Francesa en Suramérica).

Remove ads

Etimoloxía

O nome Aruba probablemente procedía do caquetío Oruba que significa "illa ben situada", xa que foron os caquetíos os que vivían na illa cando a pisou por primeira vez Alonso de Ojeda. Entre 1529 e a sinatura do Tratado de Westfalia, os españois usaron o nome "Isla de Oruba". Despois da firma, a illa foi cedida aos Holandeses e o seu nome cambiouse por Aruba.

Había moitos nomes diferentes para Aruba utilizados por outros grupos amerindios, todos os cales poderían ter contribuído ao nome actual de Aruba. Outro nome caquetio para a illa era Oibubia que significa "illa guiada". O nome taino da illa era Arubeira.[3] Os kalinago tamén tiñan dous nomes para a illa Ora Oubao que significa "illa de cunchas"[4] e Oirubae que significa "Compañeira de Curaçao".

Unha idea errónea común é que o nome Aruba provén do español Oro hubo que significa "Había ouro". Non obstante, os españois non atoparon ouro en Aruba durante o tempo da súa ocupación, alcumando Aruba e o resto das Illas ABC Islas Inútiles, ("illas inútiles") pola falta de ouro. Non foi ata moito máis tarde en 1824 cando Willem Rasmijn atopou ouro en Aruba, comezando a Febre do ouro de Aruba. Outro dos primeiros nomes españois para Aruba foi Isla de Brasil, nomeada así debido á gran cantidade de Árbores de Paubrasilia que medraban na illa.

Remove ads

Historia

Época precolonial

Thumb
Petróglifos Arauacos nas rochas de Ayo

Houbo unha presenza humana en Aruba desde preto do 2000 a.C.[5] O primeiro grupo identificable foron os indios caquetíos, da etnia arauaca, que chegaron desde o continente ao redor do ano 1000 a. C..[5][6] As probas arqueolóxicas suxiren vínculos continuos entre estes arubanos nativos e os pobos amerindios do continente Suramericano.[7]

Colonización española

Os primeiros europeos en visitar Aruba foron Amerigo Vespucci e Alonso de Ojeda en 1499, que reclamaron a illa para España.[5] Ambos os dous describiron Aruba como unha "illa dos xigantes", remarcando a estatura comparativamente grande dos caquetíos nativos.[7] Vespucci regresou a España con existencias de algodón e madeira do Brasil da illa e describiu casas construídas no océano.[8] Os contos de Vespucci e Ojeda estimularon o interese por Aruba, e os españois comezaron a colonizar a illa.[9][10] Alonso de Ojeda foi nomeado primeiro gobernador da illa en 1508. A partir de 1513 os españois comezaron a escravizar os caquetíos, enviando a moitos a unha vida de traballos forzados nas minas da Hispaniola.[7][5] As poucas precipitacións e a paisaxe árida da illa fixeron que non se considerase rendible para un sistema de plantacións baseado en escravos, polo que o tipo de escravitude a grande escala tan común noutras illas do Caribe nunca se estableceu en Aruba.[11]

Período holandés inicial

Thumb
Restos dunha mina de ouro en Bushiribana

Os Países Baixos tomaron Aruba de España en 1636 no transcurso da Guerra dos Trinta Anos[1][5] pola Compañía holandesa das Indias Occidentais. Peter Stuyvesant, máis tarde nomeado para New Amsterdam (Nova York), foi o primeiro gobernador holandés. Aos arauacos que quedaron logo da dominación española permitíuselles cultivar e pastar gando, e os holandeses usaron a illa como fonte de carne para as súas outras posesións no Caribe.[7][5] A proximidade de Aruba a América do Sur deu lugar a interaccións coas culturas das zonas costeiras, por exemplo, pódense ver similitudes arquitectónicas entre os barrios do século XIX de Oranjestad e a próxima cidade venezolana de Coro no Estado de Falcón.[Cómpre referencia] Historicamente, o holandés non era moi falado na illa fóra da administración colonial, o seu uso aumentou a finais do século XIX e principios do XX.[12] Os estudantes de Curaçao, Aruba e Bonaire estudaban predominantemente en español ata finais do século XVIII.[13]

Durante as Guerras Napoleónicas, o Imperio Británico tomou o control da illa, ocupándoa entre 1806 e 1816, antes de devolvela aos holandeses segundo os termos do Tratado anglo-holandés de 1814.[7][1][14][5] Aruba pasou a formar parte posteriormente da Colonia de Curaçao e Dependencias xunto con Bonaire. Durante o século XIX desenvolveuse unha economía baseada na minaría de ouro, a produción de fosfato e as plantacións de aloe vera, pero a illa seguía sendo relativamente pobre.[7]

En 1828 pasa a control das Indias Occidentais Danesas, e en 1848 pasa a formar parte das Antillas Neerlandesas. Durante o século XIX houbo unha febre de ouro e, a devandita prosperidade sumouse, a apertura dunha refinaría de petróleo da Standard Oil en 1924, a máis grande do mundo para o seu tempo.

Durante a segunda guerra mundial, foi unha importante fonte para o abastecemento de combustible das forzas aliadas que operaban en Europa. O que expuxo o seu porto ao asedio de submarinos da Alemaña Nazi.

O 1 de xaneiro de 1986, obtén un status de autonomía dentro do Reino dos Países Baixos, o que a separa do resto das Antillas Neerlandesas; cando asume como primeiro ministro Henny Eman, desde esta data é un territorio non metropolitano dos Países Baixos, con cámara lexislativa propia.

Remove ads

Goberno e Política

Aruba é parte do Reino dos Países Baixos, pero mantén total control sobre os seus asuntos excepto cuestións relacionadas coa defensa nacional, cidadanía, relacións exteriores e extradición. Aruba posúe as súas propias leis, constitución, goberno e moeda oficial.

O xefe de Estado é o actual monarca dos Países Baixos, que é representado en Aruba por un gobernador, elixido para un período de seis anos. O xefe de Goberno é o primeiro ministro quen forma, xunto co Consello de Ministros, o poder executivo do goberno.

Os membros do Consello de Ministros son elixidos polo parlamento unicameral, chamado Staten, posúe 21 escanos e representa ao poder lexislativo. Os membros do Staten son elixidos por voto directo e popular por un termo de catro anos.

O poder xudicial reside na Corte Suprema de Xustiza e cuxos xuíces son designados polo monarca. A constitución data de 1986.

Existen sete partidos políticos, dos cales dous ou tres teñen maior peso político.

Organización político-administrativa

O territorio carece de subdivisións político-administrativas.

Xeografía

Thumb
Mapa de Aruba
Thumb
Mapa de Aruba da Encyclopaedie van Nederlandsch West-Indië 1914-1917

A illa é xeralmente chaira e sen ríos nas Antillas de Sotavento arco insular das Antillas Menores na parte sur do Caribe. Atópase a 77 km ao oeste de Curaçao e 29 km ao norte da Península de Paraguaná de Venezuela].[1] Posúe praias de area branca, localizadas nas costas oeste e sur da illa, relativamente protexidas das feroces correntes oceánicas.[1][15] Aquí é onde vive a maior parte da poboación e onde se produciu a maior parte do desenvolvemento turístico.[15][2] As costas norte e leste, carentes desta protección, están considerablemente máis maltratadas polo mar e quedaron en gran parte intactas. En 2022, Aruba só tiña o 2,3% da superficie cuberta de bosque e só o 0,5% da área natural protexida.[16]

No interior da illa existen algúns outeiros, das cales destácanse o Hooiberg (165 m) e o Monte Jamanota (188 m), que é o punto máis alto da illa. Oranjestad, a súa capital, está localizada a |12|19|N|70|1|W|}}.

O clima local é do tipo semi-árido tropical marítimo, con pequenas variacións de temperatura no ano.

A Ponte Natural foi unha gran ponte de pedra calcaria formada naturalmente na costa norte da illa. Foi un destino turístico popular ata o seu colapso en 2005.

Cidades e vilas

Artigo principal: Lista de cidades de Aruba.

A illa, cunha poboación dunhas 116.600 persoas (estimación do 1 de xaneiro de 2019)[2] non ten grandes cidades. Está dividida en seis distritos.[17] A maior parte da poboación da illa reside nos dous principais distritos similares ás cidades de Oranjestad (a capital) e San Nicolaas. Oranjestad e San Nicolaas están divididos en dous distritos só para fins de censo.[18] Os distritos son os seguintes:

  • Noord
  • Thumb
    Vista desde arriba de edificios coloridos en Oranjestad, na illa de Aruba, ao sol da mañá
    Oranjestad (Leste e Oeste)
  • Paradera
  • San Nicolaas (Norte e Sur)
  • Santa Cruz
  • Savaneta
Remove ads

Economía

Artigo principal: Economía de Aruba.

Ao redor da metade do PIB de Aruba provén do turismo ou de actividades relacionadas. Antes de obter o seu status autonómico, a maior actividade era a refinación de petróleo; actualmente devandita actividade ten unha pequena influencia na economía. A agricultura e a manufactura teñen tamén un pequeno impacto económico. O florín arubano ten un cambio fixo co dólar estadounidense de 1.79:1. Os seus principais socios comerciais son os Estados Unidos, Países Baixos, Reino Unido e Venezuela.

Turismo

O turismo é o principal apoio da pequena economía arubana, onde está a maior fonte de empregos dos habitantes da illa. O rápido crecemento do sector turístico durante a década de 1990 deu lugar a unha expansión substancial doutras actividades económicas. A construción inmobiliaria, con maior capacidade en hoteis é cinco veces superior ao nivel do ano de 1985. Isto produciu unha cifras baixas de desemprego, provocando a falta de man de obra e unha subida de salarios.

Thumb
Ponte Natural
Remove ads

Demografía

Etnias

A maioría da poboación é descendente dos españois e holandeses que dominaron a illa, xunto cos arauacos, que eran os nativos da illa e aos que lles foi permitido o pastoreo e a gandería na época de dominación holandesa. A pesar que non existen indios arauacos actualmente, a herdanza étnica é moi visible, sendo unha das máis fortes no Caribe. Recentemente chegaron inmigrantes de Latinoamérica e das illas do Caribe, en busca de traballo. Na illa conviven persoas de 40 diferentes nacionalidades.

Idiomas

Impera o multilingüismo, onde a maioría da poboación pode falar máis de catro idiomas. Do mesmo xeito que outras illas das Antillas Neerlandesas, o idioma oficial é o neerlandés, que é o que se usa nas escolas, pero o seu uso cotián é limitado e é falado por 5.300 persoas como lingua materna, sendo o terceiro idioma máis falado.

Con todo, o idioma máis utilizado é o papiamento, que é a lingua materna da maior parte da poboación, ao redor do 70%. É falado por unhas 60.000 persoas (incluíndo Curaçao e Bonaire) e é unha lingua crioula resultante da combinación do portugués, neerlandés, español, arauaco, francés e inglés. Non foi considerado unha lingua importante na illa ata en 1995, e foi oficialmente engadido no currículo escolar en 1998 e 1999.

En Aruba obsérvase unha gran cantidade de hispanofalantes. Son 93.500, que é igual ao 85% da poboación (deste 85% só 1/5 deles posúe o español como lingua única). A súa relativa proximidade con Venezuela fíxoa moi importante, destacándose como o segundo idioma máis falado, tanto que nas escolas apréndese desde quinto grao; pódense ver ademais varias canles de televisión Venezolanos na illa.

Tamén se fala o inglés, é falado por 3.000 persoas e é o cuarto idioma máis falado, apréndese na escola desde cuarto grao. Tamén se fala minoritariamente o portugués, francés e sranan tongo.

Thumb
Oranjestad, capital de Aruba

Relixións

A maioría da poboación é cristiá, principalmente católica (82%). Tamén hai minorías protestantes (8%), anglicanas e ortodoxas. Hai comunidades xudías, hindús, musulmás e confucionistas.

Remove ads

Cultura

As orixes da poboación e a localización da illa dan a Aruba unha mestura de culturas. A influencia holandesa é visible, a pesar que a maioría da poboación non é de orixe holandesa. O Entroido de Aruba é unha das festividades máis importantes da illa, e tamén outra festividade importante é o Día de San Juan (Dia dei San Juan); ambas as celebracións son coñecidas pola súa música e colorido.

Deportes

Nesta illa o deporte máis popular é o béisbol e logo séguenlle os seus derivados (o sóftbol por exemplo).

O fútbol non ten relevancia aquí, ten un modesto número de practicantes, os profesionais tenden a seguir a súa carreira pero en Holanda. A Federación Arubana de Fútbol recoñeceu a finais de 2006 a efectividade que tivo Aruba na 1º das 3 fases das eliminatorias do Cono Norte camiño a Libia-Tunisia 2010 de Fut-Sete. Nun grupo D con rivais como Saint-Martin, Illas Caimán e Illas Virxes do Reino Unido onde Aruba gañou os 6 partidos que tiña en disputa.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads