The Daily

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

The Daily foi un periódico xeralista en lingua inglesa estadounidense deseñado especialmente para o iPad,[1] o segundo totalmente dixital despois de The Project de Richard Branson.[2] Pertencía a News Corporation e pretendía ser exclusivamente dixital, diferenciándose dos xornais en papel pola potenciación de contidos interactivos.[3]

Datos rápidos Tipo, Fundación ...
Remove ads

Traxectoria

Aínda que, orixinalmente, o lanzamento estaba previsto para o 19 de xaneiro de 2011 en San Francisco, o inicio da súa publicación foi adiado por News Corporation e Apple[4][5] até o 2 de febreiro de 2011 no Museo Solomon R. Guggenheim en Nova York.[6][7] O acceso a un único número custaba 14 centavos de dólar[3] e existía unha subscrición semanal que custaba 0,99 dólares mentres a anual era de 39,99 dólares.[8]

En xullo de 2012, a revista foi colocada baixo a análise polos malos resultados económicos que ofrecía,[9] pois a pesar de que conseguiu máis de 100.000 suscripcións de pagamento, a revista perdeu no primeiro trimestre uns 10 millóns de dólares, que xunto aos 30 millóns de custe da súa creación, supuña máis de 40 millóns.

O 3 de decembro de 2012, News Corporation anunciou que o periódico remataría as súas operacións o 15 de decembro como parte dun proceso de reorganización de News Corporation.​[10] O xerente do grupo, Ruperte Murdoch afirmou que o xornal dixital "non puido atopar unha audiencia o suficientemente grande como para nos convencer de que o modelo de negocio fose podía ser sostible a longo prazo".

A partir de entón o seu enderezo web redirixe cara ao sitio do New York Post.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads