The Secret Life of the American Teenager

Serie de televisión de drama adolescente estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

The Secret Life of the American Teenager é unha serie de televisión creada por Brenda Hampton.

Datos rápidos Autoría, Temática ...
Remove ads

Desenvolvemento

A serie emitiuse por primeira vez na canle ABC Family o 1 de xullo de 2008.[1], renovado por unha segunda tempada de 24 episodios o 9 de febreiro de 2009[2] que comezou a se emitir o 22 de xuño de 2009.[3] O 7 de xuño de 2010 comezou a terceira tempada[4].

Argumento

A primeira tempada céntrase nas relacións entre familias e amigos e como elas se poden complicar co embarazo da adolescente Amy Juergens, interpretado por Shailene Woodley. Na segunda tempada, Amy Juergens debe facer fronte ao seu papel de nai conxugándoo co instituto, e como iso inflúe nas súas relacións coa familia e amigos.[5]

Recepción

A serie en xeral recibiu críticas negativas cando comezou a emitirse, porén foi ben recibida por mulleres e adolescentes. O episodio piloto bateu a marca de audiencia da ABC Family chegando aos 2.820.000 espectadores, o episodio final da primeira tempada tivo 4.5 millóns de espectadores. A segunda tempada tivo mellores críticas, e abriu con 4.680.000 espectadores.[6], a mediados de tempada chegou á súa maior audiencia entre os 12 e 34 anos con máis de tres millóns de espectadores.[7]

A serie levou un Premio Teen Choice na súa primeira tempada,[8] e deu lugar ao libro The Secret Diary of Ashley Juergens.[9]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads