Terápsidos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Terápsidos
Remove ads

Therapsida ou terápsidos, coñecidos tamén como réptiles mamaliformes, forman unha orde da clase Synapsida (sinápsidos) que atopamos en estado fósil. Os terápsidos son devanceiros dos mamíferos.

Datos rápidos Clasificación taxonómica, Orde ...

Xorden no período permiano, no final da Era Paleozoica, sendo descendentes dos réptiles pelicosauros (Pelycosauria). Moitas especies desapareceran no evento de extinción en masa acontecido no fin do período permiano, pero as especies superviventes conseguiron adaptarse e acadaron o seu apoxeo no período Triásico, xa na Era Mesozoica, cando dominaron o ambiente terrestre e se espallaron pola Panxea, ocupando moitos nichos ecolóxicos e dando orixe a moitas novas especies. Con todo, ao final do Triásico, houbo outra grande extinción e os terápsidos practicamente desapareceron e foron substituídos como grupo dominante polos emerxentes dinosauros (con quen non tiñan parentesco directo). Unhas poucas especies perduraron ata o final do período Cretáceo, cando finalmente desapareceron.

Remove ads

Características

Os terápsidos posuían características similares aos mamíferos. Entre elas destacan a heterodontia (variacións no formato dos dentes); mecanismos de regulación da temperatura (homeotermia) e, nalgunhas especies máis evolucionadas, presenza de pelos. Os mamíferos xurdiron a partir de especies da suborde Cynodontia, no período Triásico.

De postura cuadrúpeda e alimentación carnívora e herbívora, segundo as especies, proliferaron durante as eras Paleozoica sendo dominantes durante o Permiano e Mesozoico (entre 250 e 190 millóns de anos atrás).

Ao contrario dos dinosauros, os terápsidos son pouco coñecidos polo público en xeral, mesmo sendo os devanceiros directos dos mamíferos e tendo un rexistro paleontolóxico bastante completo.

Remove ads

Clasificación

Os terápsidos clasifícanse en dinocéfalos, anomodontes (herbívoros) e biarmosuquianos (carnívoros).

      ,______________________ Dicynodontia +
  ____|   
      |     ,________________ Cynodontia +
      |_____| 
            |________________ Mammalia

Taxonomía

  • Clase Synapsida
  • ORDE THERAPSIDA *
    • Suborde Biarmosuchia *
      • Familia Biarmosuchidae
        • Biarmosuchus
      • Familia Eotitanosuchidae
        • Eotitanosuchus
    • Eutherapsida
      • Suborde Dinocephalia
        • Familia Estemmenosuchidae
          • Estemmenosuchus
        • Anteosauria
          • Familia Syodontidae
          • Familia Brithopodidae
          • Familia Anteosauridae
        • Tapinocephalia
          • Familia Titanosuchidae
          • Familia Tapinocephalidae
      • Neotherapsida
  • Clase Mammalia

Filoxenia

Synapsida
  |
Sphenacodontia
  |-Sphenacodontidae 
  `-Therapsida
    |-?Tetraceratops
    `-+-Biarmosuchia
      |    |-Eotitanosuchidae
      |    `-?Phthinosuchidae
      `-Eutherapsida
           |-Dinocephalia
           |    |-Anteosauria
           |    `-Tapinocephalia
           `-Neotherapsida
              |-Anomodontia
              |   |-Dromasauria 
              |   `-Dicynodontia
              `-Theriodontia
                 |-Gorgonopsia
                 |  |-Lycaenops
                 |  `-Inostrancevia
                 `-Eutheriodontia
                   |-Therocephalia
                   |  `-Eutherocephalia
                   |     `-Bauria
                   `-Cynodontia
                       `-Mammalia
Remove ads

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas

En inglés

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads