Tiburón anguía

From Wikipedia, the free encyclopedia

Tiburón anguía
Remove ads

O tiburón anguía[1][2][3] (Chlamydoselachus anguineus) é unha das dúas especies existentes de tiburóns da familia dos clamidoseláquidos (Chlamydoselachidae), que se distribúe, ampla pero irregularmente, polos océanos Atlántico e Pacífico.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Thumb
Gorxa do tiburón anguía. Obsérvese como o primeiro par de fendeduras branquiais é continua a través dela.
Thumb
Dentes do tiburón anguía.

Esta especie pouco común áchase na plataforma continental exterior e na parte superior do noiro continental, polo xeral cerca do fondo. Presentando varias características primitivas, considérase como un fósil vivente.

Alcanza unha lonxitude de até 4 m e corpo, de cor parda escura, parecido ao duna anguía.

As aletas pectorais son curtas e arredondadas. A aleta dorsal única, pequena, está colocada moi atrás, fronte á aleta anal, e ten a marxe arredondada. As aletas pelvianas e a anal son grandes e arredondadas. A aleta caudal é moi longa e de forma máis ou menos triangular, sen un lóbulo inferior ou unha incisura ventral no lóbulo superior.[4]

Presenta un par de pregas de pel grosa ao longo do ventre, de función descoñecida, separadas por sucos.[4]

Remove ads

Descrición

As principais características desta especie son:[2]

  • Corpo moi alongado e cilíndrico, como o da anguía, algo comprimido na parte posterior, con quillas prominentes no ventre.
  • Cabeza con seis fendeduras branquiais separadas por septos saíntes e coas parte inferior da primeira conectando coa correspondente do outro lado da gorxa.
  • Ollos laterais, sen membrana nictitante.
  • Fociño extremadamente curto e truncado.
  • Boca terminal moi grande, con dentes dispostos en varias fileiras en ambos os dous maxilares; os dentes non están serrados, e presentan tres cúspides principais e dous dentículos máis pequenos en cada un deles.
  • Unha soa aleta dorsal.
  • Cor parda escura en todo o corpo, cunha liña máis escura ao longo do lombo, máis ou menos visíbel.
Remove ads

Historia natural

  • Mesopeláxico ou bentónico, vive sobre fondos entre os 200 e os 1 100 m de profundidade.
  • Aliméntase de peixes.
  • Ovovivíparo con ovos grandes que, despois dunha xestación de 1 a 2 anos, producen camadas de 4 a 12 crías que miden ao nacer uns 60 cm.[2]

Estado de conservación

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) avaliou esta especie como NT (medianamente ameazada), xa que dada a súa taxa de reprodución moi baixa, e aínda que no ten interese comercial, as capturas accidentais poden chegar a esgotar a súa poboación.[4]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads