Tim Walz
político estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Timothy James "Tim" Walz , nado o 6 de abril de 1964 en West Point, Nebrasca, é un político estadounidense, antigo membro da Garda Nacional dos Estados Unidos e antigo profesor. Afiliado ao Partido Demócrata, é o gobernador número 41 de Minnesota desde 2019 e exerceu como congresista do estado entre 2007 e 2019.
Remove ads
Traxectoria

Primeiros anos
Walz naceu West Point, e cando era adolescente mudouse a Butte, tamén en Nebrasca, para estar máis preto da familia do seu pai.[1]
Despois de rematar o ensino secundario, uniuse á Garda Nacional, traballou nas industrias agrícola e manufactureira e comezou a traballar de profesor.[2]
Formación e docencia
En 1989 obtivo unha licenciatura (bachelor degree) en ciencias sociais no Chadron State College, e comezou a ensinar esa materia cando se trasladou a Minnesota en 1996. [3] [4]
Carreira política
Foi elixido membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos para o primeiro distrito de Minnesota en 2006, derrotando ao republicano Gil Gutknecht que buscaba un sétimo mandato. Walz foi reelixido cinco veces como congresista até se postular para gobernador do estado en 2018. Gañou as eleccións e foi reelixido en 2022.[5]
En 2024, despois de que o presidente Joe Biden se retirase de buscar un segundo mandato nas eleccións presidenciais e a vicepresidenta Kamala Harris ocupase o seu lugar na carreira, Walz foi elixido como compañeiro de tándem para optar á vicepresidencia dos EUA.[6]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
