Tólar esloveno
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O tólar foi a denominación da moeda de Eslovenia dende o 8 de outubro de 1991 até o 31 de decembro de 2006. Estaba dividida en 100 stotins. O código ISO 4217 para esta unidade monetaria é SIT. O nome de "tólar" provén de thaler, unha moeda de prata creada en 1518 en Joachimsthal, Bohemia, da cal tamén deriva a palabra dólar. O 28 de xuño de 2004 o tólar ingresou no MCEII, o Mecanismo de taxa de Cambios Europeo
Tólar esloveno † | |
---|---|
Slovenski tolar en esloveno | |
Código: | SIT |
Ámbito: | ![]() |
Símbolo: | |
Fracción: | 100 stotinov |
Moedas: | 10, 20, 50 stotinov 1, 2, 5, 10, 20, 50 SIT |
Billetes: | 10, 20, 50, 100, 200, 500, 1.000, 5.000, 10.000 SIT |
Emisor: | Banka Slovenije |
Taxa de troco: fixa | 1 EUR = 239,640 SIT |
O 16 de xuño de 2006 os xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea aprobaron a proposta da Comisión Europea da entrada de Eslovenia no Euro para o 1 de xaneiro de 2007. Así fixaron en 239,640 o cambio irrevogable do Tólar Esloveno. Os eslovenos xa escolleron as caras nacionais, que representarán paisaxes e heroes nacionais. A moeda dun euro, por exemplo, recolle a figura de Primoz Trubar, o autor do primeiro libro impreso en Eslovenia no século XVI.
Remove ads
Etimoloxía
A palabra "tólar" provén da antiga divisa thaler, ao igual que o dólar. Como moitas das linguas eslavas, o esloveno ten un xénero dual gramaticalmente falando, polo que as denominacións de 2 tólar sería tolarja en vez de tolarjev.
Historia
O tólar introduciuse por primeira vez o 8 de outubro de 1991, substituíndo ao dinar iugoslavo de 1990 cunha taxa de troco de 1:1.
Moedas
Antes da adopción do euro, circularon as seguintes denominacións:
Billetes
Os primeiros billetes que se imprimiron o 8 de outubro de 1991 foron emisións provisionais en denominacións de 0'50, 1, 2, 5, 10, 50, 100, 200, 500, 1.000 e 5.000 SIT. Tódolos billetes tiñan no seu deseño unha abella e o peteiro do Triglav. En 1992 o Banco Central de Eslovenia emitiu as series que circularían até a adopción do euro e que son as seguintes:
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tólar esloveno |
- Inclusión do Tólar no EMRII
- Banco Central de Eslovenia Arquivado 17 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine.
- Catálogo de Moedas de Eslovenia Arquivado 23 de novembro de 2009 en Wayback Machine.
- Catálogo de moeda eslovena
- Catálogo de Billetes de Eslovenia
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads