Torsten Frings
futbolista alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Torsten Frings, nado o 22 de novembro de 1976 en Würselen, é un ex-futbolista e actual adestrador xermano.
Remove ads
Carreira
A súa carreira comeza na terceira división xermana, no Alemannia Aachen, e na tempada 1996-97 foi transferido ao Werder Bremen. Aquí ficou ata o ano 2002 xogando máis de 160 encontros de liga e anotando 15 goles.
Tras recibir varias ofertas optou polo Borussia Dortmund, co que foi titular habitualmente e amais xogou 12 encontros de Liga de Campións.
Ao remate da tempada 2003-04 contrátao o Bayern Múnic, onde xogou bastantes encontros, mais fóra da súa posición habitual, actuando de carrileiro na maioría dos encontros.
En xuño do 2004 volta ao Werder Bremen, onde fica ata o día de hoxe.
Remove ads
Estilo de xogo
Frings foi un mediocampista versátil considerado por moitos coma o mellor da selección xermana xunta Michael Ballack e Miroslav Klose. Podía xogar en calquera posto do medio aínda que el prefería a posición de medio defensivo, con certa liberdade para incorporarse ao ataque cando a situación o precisase.
No Mundial 2006
Frings anotou o cuarto gol de alemaña na vitoria 4-2 contra Costa Rica, un potente disparo dende máis de 30 metros que rematou na escuadra esquerda do porteiro costaricense.
No encontro contra a Arxentina, que rematou con vitoria xermana nos penaltis, Frings viuse envolto na tangana que se formou á finalización do partido. Isto acarreoulle dous encontros de sanción e non puido disputa-la semifinal contra a Italia. Alemaña perdeu 2-1 na prórroga.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina Oficial (en alemán)
- Frings na web do Werder (en inglés)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads