Tour de Francia 2006

From Wikipedia, the free encyclopedia

Tour de Francia 2006
Remove ads

O Tour de Francia 2006 foi a 93ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O percorrido de 3657 quilómetros comezou o 1 de xullo na cidade alsaciana de Estrasburgo, e rematou o 23 de xullo nos Campos Elisios de París, pasando por un total de seis estados diferentes: Francia, Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo, Alemaña e España.

Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Remove ads

Participantes

Despois de ter gañado 7 edicións seguidas do Tour, en 2006 Lance Armstrong estaba retirado do ciclismo, de xeito que tódolos seus rivais tiñan como obxectivo acadar o seu trono. Non obstante, nas semanas previas á carreira, coñeceuse a existencia dunha operación antidopaxe denominada Operación Puerto na que se viron implicados varios ciclistas. Jan Ullrich e Ivan Basso foron afastados dos seus equipos, mentres que o equipo de Alexander Vinocurov (o Astana) foi afastado das competicións oficiais. Deste xeito, a carreira estivo mais aberta a novos gañadores, e sen favoritos claros. Entre os candidatos á vitoria que participaron no Tour 2006 cabía salientar a Denis Menchov, Cadel Evans, Andreas Kloden, Levi Leipheimer, Damiano Cunego, Floyd Landis, Alejandro Valverde, Gilberto Simoni, Christophe Moreau, George Hincapie, Carlos Sastre, Michael Rasmussen, David Zabriskie, Iban Mayo, Haimar Zubeldia, Bradley Wiggins e Danilo di Luca.

O único representante galego na carreira foi Óscar Pereiro, que viña de rematar entre os 10 primeiros da clasificación xeral nas últimas 2 edicións do Tour.

En total participaron 20 equipos e un total de 176 corredores, é dicir, 9 corredores por equipo, coa escepción do T-Mobile que só levou a 7 ciclistas.

Remove ads

Transcorrer da competición

Thumb

Despois dunhas primeiras etapas con chegadas ao sprint, a clasificación xeral estaba dominada por corredores especializados en etapas dun día. Robbie McEwen gañara 3 das 6 primeiras chegadas, e Tom Boonen levaba o maillot amarelo. Na sétima etapa houbo unha contra o reloxo individual de 52 quilómetros da que saíu como líder o ucraíno Serhiy Honchar, cunha vantaxe abondo para chegar de amarelo ás etapas dos Pireneos. Na segunda etapa de alta montaña, que rematou en Pla de Beret, gañou Denis Menchov, pero púxose de líder Floyd Landis. O norteamericano levou o xersei amarelo durante dous días, xa que na etapa 13 houbo unha importante fuxida de corredores que chegaron con 30 minutos de vantaxe, entre os cales estaba Óscar Pereiro, que colleu o liderado da proba. Floyd Landis recuperou o primeiro posto da táboa na etapa 15, con final en Alpe d'Huez, aínda que só con 10 segundos de vantaxe sobre o galego. Landis sufriu moito ó día seguinte nos portos de Galibier e Croix de Fer, perdendo 10 minutos. Malia que Landis parecía estar fora da loita pola vitoria, atacou na seguinte etapa, tamén de montaña, recuperando case toda a diferenza do día anterior, e poñéndose terceiro a só 30 segundos de Pereiro, líder, e tamén por detrás de Carlos Sastre, segundo. Entón chegou a contra o reloxo do penúltimo día, e nela Landis era moi superior ós dous ciclistas españois, como así demostrou. Deste xeito, a París chegaron Floyd Landis como líder, Óscar Pereiro como segundo, Andreas Kloden como terceiro e Carlos Sastre como cuarto.

Remove ads

Positivo de Landis

Tres días despois da finalización do Tour, o 26 de xullo, a UCI realizou un comunicado no cal anunciábase que un ciclista puidera ter dado positivo[1] nun control antidopaxe. Ao día seguinte, o equipo ciclista Phonak informou[2] que o estadounidense Floyd Landis, vencedor do Tour, dera positivo por testosterona no control antidopaxe da etapa 17.

O 5 de agosto confirmouse o positivo[3] do ciclista estadounidense trala realización da contraanálise, o que significou a súa expulsión do equipo ciclista Phonak. A falta da confirmación oficial, que tardou varios meses, o galego Óscar Pereiro convertíase no virtual gañador do Tour de Francia. Finalmente, o 15 de outubro os organizadores do Tour de Francia desplazáronse a Madrid e entregáronlle a Pereiro o maillot amarelo e o trofeo de gañador do Tour na sede do Consello Superior de Deportes.

Etapas

Na seguinte táboa amósanse os gañadores e líderes da carreira etapa por etapa. Nela aparecen os resultados de Floyd Landis posteriores á 17ª etapa que foron eliminados, dándose a vitoria ós segundos clasificados:

Thumb
Floyd Landis.
Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
Prólogo1 de xulloEstrasburgo7 (CRI) Thor Hushovd Thor Hushovd
2 de xulloEstrasburgo-Estrasburgo183Francia Jimmy Casper George Hincapie
3 de xulloObernai-Luxemburgo Esch-sur-Alzette223Australia Robbie McEwen Thor Hushovd
4 de xulloLuxemburgo Esch-sur-Alzette-Países Baixos Valkenburg Etapa de media montaña216Alemaña Matthias KesslerBélxica Tom Boonen
5 de xulloBélxica Huy-San Quintín215Australia Robbie McEwenBélxica Tom Boonen
6 de xulloBeauvais-Caen219España Óscar FreireBélxica Tom Boonen
7 de xulloLisieux-Vitré184Australia Robbie McEwenBélxica Tom Boonen
8 de xulloSaint-Grégoire-Rennes 52 (CRI)Ucraína Serhiy HoncharUcraína Serhiy Honchar
9 de xulloSaint Méen le Grand-Lorient177Francia Sylvain CalzatiUcraína Serhiy Honchar
11 de xulloBordeos-Dax170España Óscar FreireUcraína Serhiy Honchar
10ª12 de xulloCambo les Bains-Pau Etapa de montaña193España Juan Miguel MercadoFrancia Cyril Dessel
11ª13 de xulloTarbes-España Pla de Beret Etapa de montaña208 Denis Menchov Floyd Landis
12ª14 de xulloLuchon-Carcasona211Ucraína Yaroslav Popovych Floyd Landis
13ª15 de xulloBéziers-Montélimar231Alemaña Jens VoigtGalicia Óscar Pereiro
14ª16 de xulloMontélimar-Gap181Francia Pierrick FédrigoGalicia Óscar Pereiro
15ª18 de xulloGap-Alpe d'Huez Etapa de montaña187Luxemburgo Frank Schleck Floyd Landis
16ª19 de xulloLe Bourg d'Oisans-La Toussuire Etapa de montaña182Dinamarca Michael RasmussenGalicia Óscar Pereiro
17ª20 de xulloSaint Jean de Maurienne-Morzine Etapa de montaña199 F.Landis España Carlos SastreGalicia Óscar Pereiro
18ª21 de xulloMorzine-Mâcon193Italia Matteo TosattoGalicia Óscar Pereiro
19ª22 de xulloLe Creusot-Montceau les Mines56 (CRI)Ucraína Serhiy Honchar F.Landis Galicia Óscar Pereiro
20ª23 de xulloAntony-París152 Thor Hushovd F.Landis Galicia Óscar Pereiro
  • CRI - Contra o reloxo individual.
Remove ads

Clasificación final

Trala descualificación de Floyd Landis por dopaxe, a UCI declarou oficialmente gañador da carreira a Óscar Pereiro en setembro de 2007[4], quedando os 10 primeiros postos da clasificación xeral do Tour de Francia 2006 do seguinte xeito:

Thumb
Óscar Pereiro co maillot amarelo ó comezo da importante 17ª etapa, na que Floyd Landis daría positivo.
Máis información Posición, Ciclista ...

O resultado final do Tour de Francia 2006 supuxo a primeira vitoria dun ciclista galego na historia da carreira máis importante do mundo.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads