Tracios

From Wikipedia, the free encyclopedia

Tracios
Remove ads

Os tracios foron un pobo indoeuropeo, que vivía na rexión de Tracia e en rexións próximas (territorios das actuais Bulgaria, Romanía, Moldova e leste de Serbia). Falaban a lingua tracia.

Thumb
Un peltasta tracio.
Remove ads

Distribución xeográfica

Vivían nunha área moi extensa que comprendía a parte oriental da península Balcánica máis ou menos ata o val do Moravia, as rexións contiguas ó norte do Danubio (entre os montes Cárpatos e o río Dniéster), e algúns contrafortes en Asia Menor. O territorio estendíase dun lado a outro dos Balcáns, e á rexión dos xetas ao norte do Danubio ata máis aló do río Bug.

As tribos do sur, veciñas dos gregos, determinaron que, máis tarde, co nome de Tracia fose chamada a rexión actualmente dividida entre Grecia, Bulgaria e Turquía. Outros nomes de antigas rexións habitadas polos tracios eran: Moesia, Dacia, Escitia Menor, Bitinia, Misia, Panonia, e outras.

Remove ads

Extinción da etnia e o idioma

Thumb
Mapa da extensión xeográfica do idioma tracio.

A maioría dos tracios ou ben foron helenizados (a provincia de Tracia) ou romanizados (Dacia, etc.). Con todo, pequenos grupos de tracios, existisen quizais cando chegaron os eslavos aos Balcáns no século VI.

Os eruditos suxeriron que os albaneses actuais poderían ser tracios que mantiveron o seu idioma, pero é controvertido.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads