Río Danubio

segundo río máis longo da Europa From Wikipedia, the free encyclopedia

Río Danubiomap
Remove ads

O Danubio é o segundo río máis longo de Europa (o Volga é o primeiro). Atravesa Europa de oeste a leste.

Datos rápidos Tipo, Inicio ...
Thumb
Río Danubio ao seu paso por Budapest

O seu nome é en búlgaro (transliterado) Dunav, alemán Donau, húngaro Duna, romanés Dunăre, croata Dunav, eslovaco Dunaj, e en ucraíno Dunay.

Remove ads

Xeografía

Thumb
O Danubio, en Budapest.

O Danubio é unha importante vía comercial. Flúe a través de varios países (Austria, Bulgaria, Croacia, Alemaña, Hungría, Moldova, Eslovaquia, Romanía, Ucraína, Serbia e Montenegro) tendo afluentes en sete deles.

A súa cunca hidrográfica estendese por 817.000 km². O seu fluxo medio é de 7.000 m³/s.

O Danubio ten a súa fonte na Selva Negra, a 60 km a noroeste do Lago Constanza (alemán Bodensee), na Alemaña, a partir de dous pequenos afluentes chamados Brigach e Breg, que se xuntan en Donaueschinge (Alemaña) e son chamados Danubio de alí en diante. Atravesa deseguido o norte de Austria (pasando por Viena), o sur de Eslovaquia, pasando por Bratislava, atravesa Hungría do norte ao sur pasando por Budapest, Croacia ao leste, o norte de Serbia, pasando por Belgrado, marca a fronteira entre Serbia e Romanía, e tamén entra Romanía e Bulgaria, antes de desaugar no mar Negro en Romanía, formando un gran delta que chega á fronteira da Ucraína.

O delta do Danubio é unha rexión natural protexida na Romanía, principalmente na Selva Letea, de aspecto tropical. Está clasificado como Patrimonio da Humanidade pola Unesco desde 1991. Romanía inquiétase polas repercusións no medio ambiente da construción do canal de Bystroe pola Ucraína.

Remove ads

Afluentes

Máis información Clasificación, Desembocadura ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads