Transparencia (óptica)
Un material presenta transparencia cando deixa pasar facilmente a luz. From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Un material presenta transparencia cando deixa pasar facilmente a luz ao seu través, e por iso dise de el que é transparente.[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Transparencia.

A transparencia é unha propiedade óptica da materia que ten diversos graos e características. Dise, pola contra, que un material é translúcido cando deixa pasar a luz de maneira que as formas se fan irrecoñecíbeis (non se observan nididamente os obxectos), e que é opaco cando non deixa pasar a luz.
Xeralmente dise que un material é transparente cando é transparente á luz visíbel. Para aplicacións técnicas estídase a transparencia ou a opacidade tamén para a radiación infravermella, a luz ultravioleta, aos raios X, aos raios gamma ou outros tipos de radiación electromgnética.
Segundo a mecánica cuántica, un material será transparente a certa lonxitude de onda cando no seu esquema de niveis de enerxía non haxa ningunha diferenza de enerxía que corresponda con esa lonxitude de onda. Así, o aire e o vidro son transparentes porque nos seus esquemas de niveis de enerxía (ou bandas de enerxía, respectivamente) non cabe ningunha diferenza de enerxía da orde da luz visíbel. Porén, si que poden absorber, por exemplo, parte da radiación infravermella (as moléculas de auga e de dióxido de carbono absorben no infravermello) ou do ultravioleta (o vidro bloquea parte do espectro ultravioleta).
A transparencia cuantifícase como transmitancia, porcentaxe de intensidade lumínica que atravesa a mostra. Para determinala utilízase un colorímetro ou un espectrofotómetro.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads