Trasmiras
concello da comarca da Limia, na provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Trasmiras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.456 habitantes (1.828 en 2003). O xentilicio é trasmirao.[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Trasmiras.
Remove ads
Xeografía
O concello, de 56,7 km², abrangue 9 parroquias. O noroeste do concello está regado pola bacía do río Limia. Outras cuncas importantes son as do río Trasmiras e o Faramontaos. A Veiga de Limia é un espazo natural de 1.400 hectáreas, que se estende por este concello e o veciño de Xinzo de Limia. É unha zona húmida que quedou illada tralo desecamento da lagoa de Antela.
O concello está atravesado pola estrada N-525 e pola autovía A-52.
Remove ads
Historia
A zona estivo poboada pola tribo dos límicos. Trala romanización de Galicia quedou baixo influencia do Forum Limucorum. Na idade media quedou baixo influencia do condado de Lemos.
Patrimonio
Destacan varias igrexas de estilo románico: a de Santa María de Zos consérvase completamente neste estilo, cunha fachada con tres arquivoltas. As de San Xoán de Trasmiras e San Salvador de Vilar de Lebres sufriron reformas posteriores. A de San Martiño de Abavides tamén foi modificada, e o seu retablo foi restaurado. A carón da igrexa hai un cruceiro.
En Santa Mariña de Escornabois hai un peto de ánimas que forma conxunto cun cruceiro.
En Vila de Rei hai unha ermida sobre un outeiro.
Demografía
Censo total | 1.456 (2014) |
Menores de 15 anos | 84 (5,77 %) |
Entre 15 e 64 anos | 751 (51,58 %) |
Maiores de 65 anos | 621 (42,65 %) |

Evolución da poboación de Trasmiras Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 |
2.679 | 3.169 | 3.638 | 3.893 | 1.786 | 1.656 | 1.560 | 1.534 | 1.500 | 1.456 | ||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Remove ads
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Trasmiras.
- Casa da Cultura de Trasmiras
- Igrexa de Santa María de Zos
- Igrexa parroquial de San Xoán de Trasmiras
Parroquias
Lugares de Trasmiras
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Trasmiras vexa: Lugares de Trasmiras.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads