Tribuna (arquitectura)
estrutura elevada, a modo de plataforma, desde a que alguén fala ó público From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A tribuna[1] é a galería, solaina ou balcón elevado que hai nalgunhas igrexas desde a cal se pode asistir ós actos relixiosos. Adoita situarse no primeiro andar, por riba das naves laterais dos templos, coa súa mesma lonxitude e largura e aberta á nave central, onde só poden situarse os fieis. As tribunas servían para que personalidades ilustres asistisen ao culto sen entraren en contacto coa plebe. O lugar elevado de onde falan os oradores, chámase tamén tribuna ou púlpito.

Utilizouse profusamente, especialmente nas grandes construcións de arquitectura bizantina, románica e gótica.
Remove ads
Significados derivados
Nun estadio, a tribuna ou estrado é unha plataforma formada por chanzos para que se instalen nela os espectadores dun acto ou espectáculo (bancada), en especial as autoridades. Posibilita unha mellor visión dos espectadores para o espectáculo[2].
Na Antigüidade, a tribuna ou estrado era unha plataforma elevada, xeralmente con asentos reservados, onde asistían ós espectáculos as persoas con maiores responsabilidades, e onde falaban os oradores en debates parlamentarios, cerimonias, conferencias etc.
Remove ads
Galería de imaxes
- Interior da Igrexa de Hagia Sophia. A tribuna é a solaina do primeiro andar, por baixo do claristorio.
- Tribunas do estadio RheinEnergieStadion.
- Tribuna con líderes durante a abertura do VIIº congreso de escritores de Alemaña Oriental (1973). No palanque, o escritor Hermann Kant.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads