Triticum aestivum

especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia

Triticum aestivum
Remove ads

O trigo común, trigo vulgar, trigo fariñeiro ou simplemente trigo (Triticum aestivum, Triticum sativum ou T. vulgare), é un cereal do xénero Triticum sendo a especie de trigo máis espallada e cultivada no mundo. É unha planta alohexaploide, por mor á súa conformación de 42 cromosomas repartidos en 6 xogos dende tres diferentes especies (Triticum spelta, Aegilops cylindrica, de 7 cromosomas cada unha). A planta posúe tres xenomas idénticos, os cales posúen información xenética repetida, o que lle confire á especie en si grande adaptabilidade aos diferentes ambientes.

Máis información Trigo común, Clasificación científica ...
Thumb
Triticum aestivum subsp. aestivum

Esta especie é máis cultivada nas latitudes altas de ambos hemisferios (por exemplo na Arxentina, no Canadá, en Francia ou na Ucraína). É amplamente empregada para obter fariña triga destinada á elaboración de pan (pantrigo).

É a especie máis cultivada en Galiza dende a antigüidade.

Remove ads

Propiedades

Principios activos: contén fibra, amidón, celulosa, glute, fitosterois: beta-sitosterol, vitamina E.[1]

Indicacións:

  • Farelo: usado coma laxante, saciante, hipocolesterolemiante, hipoglucemiante (reduce a reabsorción intestinal de lípidos e glícidos); demulcente, resolutivo. Ao aumentar a eliminación fecal de calcio, é recomendábel para as persoas con urolitíase. Estrinximento, coadxuvante en tratamentos de sobrepeso, hiperlipidemias, urolitíase, diabetes, diverticulose, síndrome do intestino irritábel.
  • Fariña: usado coma nutritivo, antifloxístico, resolutivo.
  • Xerme, aceite de xerme: usado coma vitamínico, hipolipemiante e contra a arteriosclerose.
  • Farelo e/ou fariña (branca ou integral), en uso externo: usado para hematomas, contusións, inflamacións articulares, mialxias, catarros, amigdalites, erupcións cutáneas inespecíficas dos lactantes.
  • Amidón: usado coma demulcente, coadxuvante na elaboración farmacéutica dos comprimidos (como desintegrante); antídoto das intoxicacións por iodo.[1]

A fariña presenta intolerancia ao glute. Ao inicio e durante o tratamento con fibra, deberase controlar a glicemia para axustar, se fose necesario, as doses de insulina ou de antidiabéticos orais.[1]

Preparación, receitas: Úsase o froito (sementes): farelo, fariña, xerme.[1]

Remove ads

Sinonimia

  • Triticum hybernum L.
  • Triticum orientale Percival
  • Triticum persicum Vavilov ex Zhuk.
  • Triticum pyramidale Percival
  • Triticum sativum Lam.
  • Triticum sativum var. aestivum (L.) Alph.Wood
  • Triticum sativum var. compositum (L.) Alph. Wood
  • Triticum sativum var. vulgare (Vill.) Vilm.
  • Triticum sativum var. vulgare Desv.
  • Triticum sativum var. vulgare Hack.
  • Triticum timopheevii (Zhuk.) Zhuk.
  • Triticum vulgare (L.) Salisb.
  • Triticum vulgare Vill.
  • Zeia vulgaris var. aestiva (L.) Lunell[2]
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads