Trofa

From Wikipedia, the free encyclopedia

Trofamap
Remove ads

Trofa é un concello e cidade da Grande Área Metropolitana do Porto, no Distrito do Porto, na Rexión Norte e Subrexión do Grande Porto (Portugal). A súa capital ten unha poboación de 21.600 habitantes e é sede dun municipio de 71,88 km² de extensión e 38.999 habitantes (2011) [1] repartidos en 8 freguesías.

Datos rápidos Localización, Capital ...

O concello limita ao norte co concello de Vila Nova de Famalicão, ao leste co de Santo Tirso, ao sur co de Maia e ao oeste co concello de Vila do Conde.

Remove ads

Historia

Trofa foi elevada a vila o 16 de maio de 1984 e a cidade pola lei n.º 29/93 do 2 de xullo de 1993. Converteuse en municipio autónomo o 19 de novembro de 1998 ao separarse do seu concello veciño de Santo Tirso (de xeito simultáneo cos concellos de Odivelas e Vizela, creados na mesma época, ao separarse de Loures e Guimarães respectivamente).

A cidade de Trofa está situada entre Porto e Braga. Un factor importante para o seu crecmento foi a construción da estación de ferrocarril a principios do século XX, o que impulsou o seu crecemento.

Remove ads

Demografía

Máis información Poboación do concello de Trofa (2001 – 2011) ...

Freguesías

O concello de Trofa está integrado polas seguintes 8 freguesías:

  • Alvarelhos
  • Covelas
  • Guidões
  • Muro
  • São Mamede de Coronado (vila de Coronado)
  • São Martinho de Bougado (cidade de Trofa)
  • São Romão do Coronado (vila de Coronado)
  • Santiago de Bougado (cidade de Trofa)

Patrimonio

  • Igrexa de S. Tiago de Bougado, proxecto de Nicolau Nasoni
  • Baixa da Trofa, Rua Conde de S. Bento, Parque Dr. Lima Carneiro, Parque de Nossa Senhora das Dores...
  • Barca da Trofa
  • Igrexa Matriz de Trofa
  • Ponte Pênsil de Trofa
  • Monte de São Gens
  • Castro de Alvarelhos

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads