Trofeo MacCrimmon de Gaita

competición de gaiteiros From Wikipedia, the free encyclopedia

Trofeo MacCrimmon de Gaita
Remove ads

O Trofeo MacCrimmon de Gaita é unha competición musical celebrada dende 1986 no marco do Festival Intercéltico de Lorient entre gaiteiros galegos e asturianos.

Datos rápidos Datas e cronoloxía, Características ...
Thumb
Amilladoiro en Borreraig, na illa de Skye, na honra da familia MacCrimmon, adicados durante séculos ao estudo da música tradicional.

Os competidores deben tocar música tradicional galega, asturiana e bretoa e un xurado formado por membros das tres rexións elixe un gañador. O gaiteiro máis laureado é o galego Edelmiro Fernández, con catro vitorias, seguido do asturiano José Manuel Tejedor, con tres.

Remove ads

Historia

En 1980 comezou a celebrarse o Trofeo Macallan de Gaita das Highlands, para premiar cada ano ao mellor intérprete de dito instrumento. Seis anos despois incluíuse unha sección da competición para gaiteiros galegos e asturianos, co nome de Trofeo Macallan de Gaita, resultando o asturiano Xuacu Amieva como primeiro gañador, por diante do galego Bieito Romero. En 1987 incluíuse a obrigación de tocar tanto música galego como asturiana. A maioría de participantes daquela segunda edición non foran avisados desa norma e foron descualificados por non tocar músicas de ambas as rexións, quedando só dous competidores: Vicente Prado "o Pravianu", que foi o gañador, e Carlos Núñez, con só 16 anos, que quedou segundo, posto que repetiría ao ano seguinte.[1][2] Carlos Núñez foi o primeiro gañador galego, saíndo vencedor na edición de 1989. Posteriormente incluíuse a obriga de tocar tamén algunha composición bretoa.

Dende 2005, ante unha lei que prohibiu o patrocinio de eventos con bebidas alcohólicas, retirouse do seu nome a marca de bebidas Macallan e mudouse por MacCrimmon, en honra a unha famosa familia escocesa cuxos membros se dedicaban ao estudo e transcrición da música tradicional entre finais do século XV e a segunda metade do XVIII. O Trofeo MacCrimon de Gaita está considerado como o maior premio que pode gañar un gaiteiro, dándolle un gran prestixio a todos os que o posúen. Os participantes son elixidos a través de concursos en Asturias e Galicia, co Memorial Remis Ovalle e o Concurso - Selección para o Trofeo MacCrimmon, respectivamente.

Remove ads

Mecánica

Compiten oito gaiteiros, catro galegos e catro asturianos, aínda que entre 2005 e 2008 foron nove, ao participar tamén unha representante bretoa, Marie Le Cam.[3][4][5][6] Cada un dos participantes debe tocar un conxunto de pezas, que inclúa polo menos unha peza galega, outra asturiana e outra bretoa. Un xurado formado por seis membros (dous galegos, dous asturianos e dous bretóns) elixe ao gañador, dando cada membro a súa propia puntuación.[7][8] En caso de empate prémiase ao competidor de menos idade. Isto sucedeu tres veces: en 1995,[9] 2018[10] e 2019.[11]

Remove ads

Gañadores

Máis información Ano, Gañador ...

Mencións honoríficas

Concedéronse diferentes mencións honoríficas na historia do certame: No ano 2000, o asturiano Diego Pangua recibiu a mención honorífica por ser o gañador máis novo da historia do certame (16 anos). En 2010, a tamén asturiana Andrea Joglar recibiu a mención honorífica do concurso por ser a primeira muller en gañar o premio. En 2012, Javier Menéndez recibiu a mención honorífica do xurado bretón de música pola súa excelente interpretación da música bretoa. En 2019, María López recibiu a mención honorífica por ser a gañadora máis nova da historia do certame (14 anos) ademais de ser a primeira muller galega en gañar o premio.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads