Trombomodulina
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A trombomodulina (TM) ou CD141 ou BDCA-3 é unha proteína integral de membrana que se expresa na superficie das células endoteliais e funciona como cofactor para a trombina. Reduce a coagulación do sangue ao converter o encima procoagulante trombina nun encima anticoagulante.[1] A trombomodulina tamén se expresa nas células humanas mesoteliais,[2] monocitos e un subconxunto de células dendríticas.

Remove ads
Caracterización
Nos humanos a trombomodulina está codificada no xene THBD [3] do cromosoma 20.[4] A proteína ten unha masa molecular de 74kDa, e consta dunha soa cadea con 5 dominios distintos. Na unión da trombomodulina coa trombina os contactos fundamentais son interaccións hidrofóbicas entre as cadeas laterais dos residuos Ile 414 e Ile 424 da trombomodulina e un peto hidrofóbico na superficie da trombina.
Función
A trombomodulina é unha glicoproteína da superficie das células endoteliais que funciona como un cofactor na activación inducida pola trombina da proteína C na vía anticoagulante ao formar un complexo de estequiometría 1:1 coa trombina. Isto multiplica a velocidade de activación da proteína C por mil. A proteína C activada cliva os factores Va e VIIIa, que interveñen na produción de trombina, polo que esta produción diminúe.[3] Por tanto, o sistema trombina/trombomodulina/proteína C constitúe un control de retroalimentación negativa da produción de trombina.
A trombina unida á trombomodulina ten á vez un efecto inhibitorio da fibrinólise ao clivar o inhibidor da fibrinólise activable pola trombina (ou TAFI, tamén chamado carboxipeptidase B2) orixinando a súa forma activa.[5]
Ademais de unirse á trombina, a trombomodulina regula a inactivación de C3b (do sistema do complemento) polo factor I do complemento. As mutacións no xene da trombomodulina (THBD) tamén foron asociadas coa síndrome urémica hemolítica atípica.
Descubriuse que o antíxeno descrito inicialmente como BDCA-3 nas células dendríticas[6] en realidade é idéntico á trombomodulina.[7] Así, púxose en evidencia que esta molécula aparece nun subconxunto moi raro (0,02%) de células dendríticas humanas chamadas MDC2. A función que exerce nesas células non se coñece.
Remove ads
Interaccións
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads