Trombospondina

From Wikipedia, the free encyclopedia

Trombospondina
Remove ads

As trombospondinas son unha familia de glicoproteínas segregadas con funcións antianxioxénicas. Debido ao seu papel dinámico na matriz extracelular son consideradas proteínas matricelulares.[1] O primeiro membro da familia, a trombospondina 1, descubriuno en 1971 Nancy L. Baenziger.[2]

Datos rápidos Identificadores, Símbolo ...
Remove ads

Tipos

As trombospondinas (TSP) son unha familia de proteínas multifuncionais. A familia consta das trombospondinas 1 á 5 e pode dividirse en dous subgrupos: A, que contén TSP-1 e TSP-2, e B, que contén TSP-3, -4 e -5 (tamén designada proteína oligomérica da cartilaxe ou COMP). A TSP-1 e -2 son homotrímeros, que constan de tres subunidades idénticas, mentres que TSP-3, -4 e -5 son homopentámeros.

A TSP-1 e a TSP-2 prodúcenas os astrocitos inmaturos durante o desenvolvemento cerebral, o cal promove o desenvolvemento de novas sinapses.[3]

Trombospondina 1

A trombospondina 1 (TSP-1) está codificada polo xene THBS1 (ou TSP-1). Foi illada por primeira vez de plaquetas que foran estimuladas con trombina, polo que foi designada 'proteína sensible á trombina'.[2] Desde o seu primeiro recoñecemento, atopáronse funcións da TSP-1 en moitos procesos biolóxicos, como a anxioxénese, apoptose, activación do TGF-beta e regulación inmune. Por tanto, a TSP-1 considérase unha proteína multifuncional.

O TSP-1 ten múltiples receptores, entre os que hai que salientar CD36, CD47 e as integrinas.

O TSP-1 é un antianxioxénico, que inhibe a proliferación e migración de células endoteliais por interaccións co CD36 expresado na superficie destas células. Os péptidos inhibitorios e fragmentos de TSP-1 únense a CD36, o que causa a expresión do ligando de FAS (FasL), que activa o seu receptor específico e moi común, Fas. Isto orixina a activación de caspases e a apoptose da célula. Como os tumores que sobreexpresan TSP-1 crecen normalmente lentamente, mostran menos anxioxénese e teñen poucas metástases, a TSP-1 é unha diana atractiva para o tratamento do cancro. Como a TSP-1 é extremadamente grande (~120 kDa por monómero), e non é moi abondosa nin exerce múltiples accións, a súa utilidade clínica é cuestionable. Porén, están sendo comprobadas moléculas pequenas baseadas nunha secuencia de péptido que se une a CD36 desde a TSP-1. Un análogo, ABT-510, mostra unha actividade proapoptótica potente en células cultivadas, mentres que clinicamente é ben tolerada con beneficios terapéuticos contra varios cancros.[4] ABT-510 está sendo avaliada en ensaios clínicos en fase II para o tratamento de varios tipos de cancro.[5]

Remove ads

Proteínas humanas que conteñen este dominio

ADAMTS1; ADAMTS10; ADAMTS12; ADAMTS13; ADAMTS14; ADAMTS15; ADAMTS16; ADAMTS17; ADAMTS18; ADAMTS19; ADAMTS2; ADAMTS20; ADAMTS3; ADAMTS4; ADAMTS5; ADAMTS6; ADAMTS7; ADAMTS8; ADAMTS9; ADAMTSL1; ADAMTSL2; ADAMTSL3; ADAMTSL4; ADAMTSL5; BAI1; BAI2; BAI3; C6; C7; C8A; C8B; C9; C9orf8; C9orf94; CFP; CILP; CILP2; CTGF; CYR61; HMCN1; LIBC; NOV; PAPLN; RSPO1; RSPO3; SEMA5A; SEMA5B; SPON1; SPON2; SSPO; THBS1; THBS2; THSD1; THSD3; THSD7A; THSD7B; UNC5A; UNC5B; UNC5C; UNC5D; WISP1; WISP2; WISP3;

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads