Turinxia
estado de Alemaña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Turinxia[1][2] (en alemán Thüringen) é un estado libre entre os 16 Estados federados de Alemaña, Atravesado polo bosque de Turinxia e situado no centro xeográfico do país.
Algunhas cidades importantes deste estado son Weimar, Erfurt, Eisenach e Xena.
Remove ads
Historia
- Véxase tamén: Landgraviato de Turinxia e Batalla de Xena.
A comezos do século XIX e como consecuencia das guerras Napoleónicas o territorio que comprende este estado pasou a formar parte da Confederación do Rin e tras o congreso de Viena adheriuse á Confederación Xermánica.
A industrialización de Alemaña durante o século XIX iniciouse en Turinxia e Saxonia.
Durante a segunda guerra mundial a rexión foi severamente destruída e sufriu gran número de baixas civís provocadas na súa maioría polos bombardeos dos aliados.
A partir de 1949 Turinxia formou parte da República Democrática Alemá (RDA). En 1952 foi disolto como estado e o territorio pasou a ser administrado en tres distritos.
Tras a reunificación alemá en 1990 Turinxia renaceu como estado.
Remove ads
Economía
Turinxia ó igual que a maior parte das ex-RDA viviu unha dispar progresión económica e a situación mellorou globalmente. Así e todo, Érfurt ostenta un dos niveis de riqueza máis baixos do país a pesar das constantes subvencións do goberno federal e da Unión Europea (UE).
Notas e referencias
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads