Two and a Half Men

Serie de televisión From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Two and a Half Men é unha serie de televisión estadounidense que comezou a emitirse a través da canle CBS o 22 de setembro de 2003 e rematou o 19 de febreiro de 2015, após doce tempadas. Orixinalmente protagonizada por Charlie Sheen, Jon Cryer e Angus T. Jones, a serie trata da vida dun hedonista compositor de jingles publicitarios, Charlie Harper, o seu tenso irmán Alan, e o fillo de Alan, Jake. Despois do divorcio de Alan, este múdase co fillo á casa da praia de Charlie en Malibú (California) e complica a liberal vida de Charlie.

Datos rápidos Autoría, Temática ...

No 2010, CBS e Warner Bros. Television acadaron un acordo de emisión para a serie, renovándoa polo menos até a tempada de 2011–12.[1][2] Pero o 24 de febreiro de 2011, CBS e Warner Bros. decidiron acabar coa produción co resto da oitava tempada despois de que Sheen entrase en rehabilitación por drogas e fixera "comentarios disparatados" sobre o creador e produtor executivo da serie, Chuck Lorre.[3] O contrato de Sheen rematou o 7 de marzo.[4]

Na estrea da novena tempada, "Nice to Meet You, Walden Schmidt", a personaxe de Sheen morre e aparece no seu canto Ashton Kutcher interpretando a Walden Schmidt.[5] Alan ten un novo mellor amigo e compañeiro de vivenda, Walden, que está a lidar cos seus problemas despois dun mal divorcio. Walden, Alan e Jake establecen un vínculo, converténdose en amigos achegados e formando unha unidade familiar. Jake, que se une ó exército ó final da novena tempada, viaxa ao Xapón ó final da tempada dez.

Remove ads

Personaxes

Principais

  • Charlie Sheen como Charlie Harper
  • Jon Cryer como Dr. Alan Harper
  • Angus T. Jones como Jake Harper
  • Ashton Kutcher como Walden Schmidt
  • Conchata Ferrell como Berta
  • Holland Taylor como Evelyn Harper
  • Marin Hinkle como Judith Harper-Melnick
  • Melanie Lynskey como Rose
  • Jennifer Bini Taylor como Chelsea
  • April Bowlby como Kandi
  • Amber Tamblyn como Jenny
  • Edan Alexander como Louis

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads