Uridín trifosfato
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O uridín trifosfato, tamén chamado trifosfato de uridina ou, abreviadamente, UTP, é un nucleósido trifosfato de pirimidina formado polo nucleósido uridina esterificado en posición 5' cun grupo de tres fosfatos. Os seus compoñentes son: o azucre ribosa, unido á base nitroxenada uracilo por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' da ribosa e o nitróxeno en posición 1 da base, e esterificado en posición 5' cun grupo de 3 fosfatos, os cales se unen entre si por enlace anhidro.
Esta molécula encóntrase en todos os seres vivos e a súa principal función é proporcionar UMP para a transcrición de ARN, é dicir, perde dous fosfatos en forma de pirofosfato durante a síntese, e enlázase á cadea de ARN en formación como UMP[1].
O UTP tamén pode ser utilizado pola célula como fonte de enerxía en reaccións especializadas do metabolismo de carbohidratos. Así, o UTP pode unirse a outras moléculas, activándoas para unha determinada ruta metabólica, formando moléculas de UDP-sustrato coa conseguinte liberación dun fosfato inorgánico. Así, fórmanse moléculas como UDP-glicosa, UDP-galactosa ou UDP-glicuronato[1].
O UTP fórmase a partir do UMP, adquirindo o seu último fosfato do ATP nunha reacción, catalizada por unha quinase, como esta:
2 ATP + UMP ↔ 2 ADP + UTP.
Tamén se pode producir esta reacción co GTP:
GTP + UDP ↔ GDP + UTP.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads