Pirimidina
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A pirimidina é un composto orgánico, similar ó benceno, pero cun anel heterocíclico: dous átomos de nitróxeno substitúen ó carbono nas posicións 1 e 3. Os principais derivados da pirimidina son tres bases dos ácidos nucleicos (citosina, timina e uracilo) que levan os seguintes nomes:
- A Timina é a 5-metil-2,4-dioxipirimidina aínda que tamén se leva o nome de 5-metiluracilo.
- A Citosina é a 2-oxi-4-aminopirimidina.
- O Uracilo é a 2,4-dioxipirimidina.
Nos ácidos nucleicos atopámolas distribuídas do seguinte modo:
- No ADN, estas tres bases forman pontes de hidróxeno coas súas purinas complementarias.
- No ARN, a complementaria da adenina (A) é o uracilo (U), en vez da timina (T)
Existen tamén algúns ácidos nucleicos nos que podemos atopar outras pirimidinas metiladas o cal pode ter consecuencias respecto á expresión do material xenético.
![]() |
![]() |
![]() |
Timina | Uracilo | Citosina |
- Brown, H.C., et al., in Baude, E.A. and Nachod, F.C., Determination of Organic Structures by Physical Methods, Academic Press, New York, 1955.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads