Pirofosfato

From Wikipedia, the free encyclopedia

Pirofosfato
Remove ads

En química, os pirofosfatos son os anións, sales, e ésteres do ácido pirofosfórico. O anión abréviase como PPi e fórmase pola hidrólise do ATP na que se orixina AMP nas células, reacción denominada pirofosforólise

ATP → AMP + PPi
Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...
Thumb
Anión pirofosfato ou PPi.

O termo pirofosfato tamén designa aos ésteres formados pola reacción de condensación dun composto biolóxico fosforilado cun fosfato inorgánico.

Como aditivo alimentario ten o número E450.

O anión pirofosfato ten unha estrutura P2O74−, e é un anhídrido de ácido do fosfato. É inestable en solución acuosa e hidrolízase rapidamente formando dúas moléculas de fosfato inorgánico (HPO42− ou Pi):

P2O74− + H2O → 2 HPO42−

abreviadamente:

PPi + H2O → 2 Pi

A reacción contraria tamén é posible se subministramos enerxía. De feito, o nome de pirofosfato, co prefixo piro, que significa lume, procede de que se pode obter pirofosfato quentando os fosfatos (hidroxenofosfatos), segundo a reacción:

Desde o punto de vista do enlace entre fosfatos, requírense dúas reaccións de fosforilación para obter a hidrólise do ATP a AMP e PPi.

AMP + ATP → 2 ADP
2 ADP + 2 Pi → 2 ATP

A síntese do tetraetil pirofosfato foi descrita por primeira vez en 1854 por Philip de Clermonunt nunha reunión da Academia Francesa de Ciencias.

Remove ads

O pirofosfato no organismo

A hidrólise dos enlaces anhidro dos fosfatos dos nucleótidos e do pirofosfato é a forma máis común de liberar enerxía na célula, que é usada para impulsar reaccións químicas e diversos traballos biolóxicos. En ausencia de catálise encimática a hidrólise espontánea do pirofosfato, do ADP ou do ATP é extremadamente lenta excepto en medios moi ácidos.[1]

Cando un nucleótido vai pasar a formar parte dun ácido nucleico, chega como nucleósido trifosfato, pero na reacción, catalizada por unha polimerase, libérase pirofosfato e o nucleótido incorpórase ao ácido nucleico como monofosfato. O contrario da polimerización é a pirofosforólise.

O PPi aparece no fluído sinovial, plasma sanguíneo, e urina en niveis suficientes para bloquear a calcificación e pode ser un inhibidor natural da formación de hidroxiapatito no fluído extracelular.[2] As células poden canalizar o PPi intracelular no fluído extracelular.[3] Coñécese unha canle non encimática da membrana plasmática para o pirofosfato chamada ANK, que se utiliza para manter os niveis extracelulares de PPi.[3] O funcionamento defectuoso desta canle está asociado con niveis extracelulares baixos de PPi e niveis intracelulares elevados.[2] A ectonucleótido pirofosfatase/fosfodiesterase 1 pode funcionar elevando a concentración de PPi extracelular.[3]

Remove ads

Exemplos

Máis información Nome, Fórmula ...
Máis información Nome, Fórmula ...

Véxase tamén

Notas e referencias

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads