Ud

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ud
Remove ads

O ud (/uːd/; árabe: عود ʿūd, plural: أعواد aʿwād;) é un instrumento musical cordófono con forma de pera usado por árabes, gregos, turcos, persas, xudeus, bizantinos, azerís e armenios. Comparte orixe co laúde[1] e canda este está considerado predecesor da guitarra.[2]

Datos rápidos Localización, Identificadores ...
Thumb
Ud, século, a colección do Museo de Música de Barcelona
Remove ads

Etimoloxía

A orixe do nome ud non está claro, en árabe: العود (al-ʿūd) significa, literalmente, "unha pequena peza de madeira fina", semellante á forma da palla; pode referirse ao plectro de madeira usado tradicionalmente para tocar o ud, ou ás finas tiras de madeira que se empregan no reverso, ou á tapa harmónica de madeira que o distingue doutros instrumentos similares que utilizaban a pel.[3]

Eckhard Neubauer suxeriu que ud en árabe procede do persa rōd ou rūd, e que significa corda, cordófono ou laúde.[4] E outro investigador, o musicólogo Richard J. Dumbrill, afirmou querud viña do sánscrito rudrī (instrumento de cordas) e que pasou ao árabe por medio dunha lingua semítica.[5]

Remove ads

Historia

A iconografía máis antiga que se conserva do ud é de hai 5.000 anos, nun selo cilíndrico do período de Uruk no norte de Siria que se conversa no Museo Británico.[6]

Thumb
Músicos sirios de Alepo con unud, ca. 1915.

Tipos

Thumb
Intérprete somalí de ud, Nuruddin Ali Amaan.

Na época contemporánea existen dous tipos de ud, o árabe e o turco, que non se debe confundir con outro instrumento semellante desenvolvido tamén por pobos turcófonos, o qomuz . Os uds turcos tamén se poden atopar en Grecia, e ocasionalmente noutras partes do Mediterráneo, mentres que o uds árabes atópanse en todo o norte de África e en Asia occidental. Os árabes son normalmente meirantes cós turcos producindo un son máis completo e máis profundo, mentres o turco é máis tenso e estridente, xa que o turco ten unha afinación máis aguda có árabe. Os uds turcos tenden a ter unha construción máis lixeira cunha tapa harmónica inacabada. Os árabes teñen unha lonxitude de entre 61 e 62 centímetros, en comparación cos 58.5 dos turcos.<ref>

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads