Unbreakable

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Unbreakable é un filme estadounidense escrito, producido e dirixido por M. Night Shyamalan que se estreou no 2000. Está protagonizado por Bruce Willis e Samuel L. Jackson. Unbreakable conta a historia dun garda de seguridade de Filadelfia, David Dunn, que lentamente descobre que é un superheroe.

Datos rápidos Tipo, Xénero artístico ...

Unbreakable recibiu críticas positivas,[1] alabando o tema de superheroe, as interpretacións dos actores e a banda sonora de James Newton Howard. Posteriormente converteuse nun filme de culto[2] e a revista Time listouno entre os dez mellores filmes de superheroes de tódolos tempos.[3]

Remove ads

Sinopse

Elijah Price (Samuel L. Jackson) naceu con osteoxénese imperfecta do tipo I, unha rara enfermidade que provoca que os ósos do corpo rompan doadamente. Afeccionado e debuxante de banda deseñada, durante as súas longas estadías no hospital, Price teoriza sobre o feito de que se el é fráxil en extremo, tamén é probable que exista outra persoa que sexa forte no extremo oposto.

Anos despois, o garda de seguridade David Dunn (Bruce Willis) está tamén buscando o senso da súa existencia. Deixou unha prometedora carreira no fútbol americano por casar coa súa muller Audrey (Robin Wright Penn), pero tempo despois o seu matrimonio fracasou.

Máis tarde prodúcese un accidente ferroviario. Cento dezaoito persoas e sete tripulantes viaxaban no tren de pasaxeiros. Só se atopou un sobrevivente: David Dunn. Elijah Price, proponlle unha estraña explicación que xustificaría por que David saíu indenne do accidente, unha explicación que podería cambiar para sempre a vida de David.

Remove ads

Personaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads