Uniforme

From Wikipedia, the free encyclopedia

Uniforme
Remove ads

Un uniforme é a vestimenta específica e distintiva dos membros dunha entidade ou organización mentres participan nas actividades dese colectivo levándoo segundo unha serie de regras establecidas. Os uniformes poden incluír insignias ou distintivos co nome. Adoitan levar uniformes os militares e membros das forzas de seguridade, servizos de emerxencia, gardas de seguridade, os reclusos, os alumnos de determinados colexios, pilotos, carteiros e moitos outros colectivos.

Thumb
Policía federal de Austria
Remove ads

Historia

A orixe do uniforme é militar, na antigüídade os exércitos distinguíanse pola roupa tradicional do pobo de cada banda, aínda así houbo casos de unidades militares que tiñan un alto grao de estandarización na súa aparencia, como o caso das lexións romanas, pero coa caída do Imperio Romano desapareceron esas primeiras formas de uniforme. A Guerra dos Trinta Anos (1618-1648), unha guerra longa, que se desenvolveu en boa parte de Europa e que mobilizou unha gran cantidade de soldados destinados en unidades militares durante moito tempo, supuxo o comezo da adopción de signos distintivos, como é o caso do uniforme[1], aínda así durante a guerra só unha pequena parte das unidades vestían uniforme fronte a 1660 cando xa era algo xeral en exércitos como o francés[2], adoptando uniformes a maioría dos exércitos europeos entre 1650 e 1720[3] aínda que as normas e directrices sobre os uniformes non sempre se cumprían, mesmo xa avanzado o século XVIII[4], Contribuíu a este desenvolvemento dos uniformes o establecemento de exércitos permanentes e o desenvolvemento da industria téxtil que se produciu entre mediados do século XVII e o XVIII. No século XVIII as cortes europeas, agás a francesa, adoptaron os uniformes, sendo costume ou obrigatorio levalo cando se acudía a ela, creándose uniformes civís para os diplomáticos e altos funcionarios[5] e para o comezos do século XIX as cortes europeas adoptaron uniformes para os funcionarios ao seu servizo [6] espallándose tamén para todos ou parte dos funcionarios públicos.

Remove ads

Tipos

Un uniforme militar indica que quen o leva é un combatente legal e polo tanto protexido pola tratados internacionais sobre leis de guerra. Os uniformes civís indican a capacidade para exercer autoridade pública de quen os leva, e os uniformes de traballo identifican a quen o leva como membros dunha determinada profesión ou mesmo empresa. Ademais existen uniformes para actos específicos, como os uniformes de gala e etiqueta para a asistencia a determinas actividades ou cerimonias, para alén da existencia de uniformes de diario, de traballo, de campaña, de voo e especiais para determinados climas ou labores.

Uniformes militares

Evolución dos uniformes militares[7]

Máis información Traxe civil á moda, Comentarios ...

Cores dos uniformes nacionais no século XVIII

Infantaría Francia
España
Sardeña
Austria
Saxonia desde 1734
Gran Bretaña
Hannóver
Dinamarca
Hamburgo
Lübeck
Saxonia ata 1734
Portugal ata ca 1750
rexementos irlandeses no exército francés
rexementos suízos
no exército francés
Rusia Baviera Suecia
Prusia
Países Baixos
Holstein-Gottorp
Würtemberg
Savoia
Portugal desde ca. 1750

En contraste coa cabalaría, a infantaría de cada país adoitaba utilizar unha cor predominante nas casacas dos seus uniformes.

Uniformes militares no século XX

Uniformes navais

Os uniformes das unidades navais desenvolvéronse máis tarde que a das forzas de terra, moitas mariñas empregaban uniformes azuis por mor da superioridade naval británica. Os uniformes dos oficiais navais convertéronse na base dos uniformes civís da mariña mercante.

Mariñeiros

O uniforme dos mariñeiros caracterízase polo gorro de mariñeiro, xeralmente branco que pode presentar abas cara a arriba, o pescozo azul e camisa de mariñeiro, nalgúns países como Francia tamén é característico unha camiseta de raias

Oficiais

É caracerístico do uniforme do oficial naval a gorra con viseira, chaqueta cruzada e as insignias nas mangas; no uniforme de verán a insignia vai no ombreiro. Os suboficiais adoitan levar un uniforme do mesmo tipo que os oficiais.

Uniformes das forzas aéreas

As forzas aéreas establecéronse logo da primeira guerra mundial como unha organización militar permanente e independente. A primeira en establecerse foi, en 1918, a Royal Air Force no Reino Unido, e o seu uniforme converteuse nun modelo para outras forzas aéreas, aínda que en menor medida que o fora o da súa mariña. O primeiro uniforme adoptado foi de cor azul clara[9] para uso dos oficiais pero axiña foi substituído polo desde entón característico azul gris adoptado en setembro de 1919[10] con gravata e como na mariña as insignias nas mangas. Os recrutas levaron uniformes caqui ata 1924 cando tamén se substituíron por uniformes da mesma cor que os dos oficiais.

Uniformes civís

Os primeiros uniformes civís foron os empregados nas cortes reais europeas e aínda que houbo casos illados de introdución nalgúns órganos da administración, como a aprobación en 1785 dun regulamento para a adopción do uniforme para os empregados do correo prusiano[11], a súa difusión aos funcionarios e empregados da administración débese á Revolución Francesa, ao adoptaren as autoridades revolucionarias uniformes civís en 1795 para diferenciar os funcionarios públicos do resto da poboación e que o pobo honrase e respectase o que representaban [12]. Cos cambios que se introduciron nos países europeos como reacción á Revolución Francesa, outros países adoptaron o costume, así Prusia en 1804 publicou un regulamento de uniformes civís, onde distinguía os uniformes de gala e os uniformes de traballo diario[13]

Uniformes cortesáns

Uniformes diplomáticos

Os uniformes diplomáticos introducíronse en Europa a comezos do século XIX deseñados seguindo o modelo dos uniformes cortesáns, no decurso do século XX a maioría dos países abolíronnos, aínda que algúns países mantéñenos para algunhas cerimonias, como a presentación de credenciais[14]

Uniformes policiais

En Europa coexisten dúas tradicións, a anglosaxoa onde a policía era eminentemente local, aínda que co tempo se foi nacionalizando e a tradición continental que creou organizacións policiais centralizadas. Case todos os países de fóra de Europa seguiron algunha desas dúas tradicións, que se reflicte tamén nos uniformes, as policías que seguen a tradición continental adoitan ter uniformes que lembras aos dos militares mentres que a da tradición anglosaxoa seguen os uniformes azuis da policía londiniense. A primeira policía puramente civil en uniforme xorde en 1829, os sarxentos da vila en París [15], aínda que unidades militares xa exercían funcións de policía en uniforme, a Xendarmería de Francia, da que xurdiu a Maréchaussée en 1720, antecesora da Xendarmería Nacional[16] creada en 1791 tamén con uniforme e principalmente con funcións de policía civil pero cun status militar.

Remove ads

Uniformes políticos

Non é habitual que os membros das organizacións políticas leven uniformes mesmo é común que os militares ou policías teñan prohibido levar o seu uniforme en actos de organizacións políticas e nalgúns países existe a prohibición absoluta para os militares de formar parte de partidos políticos. Historicamente o seu uso foi habitual nas organizacións paramilitares, Freikorps, que formaron os ex-combatentes alemáns tras a redución do exército polo Tratado de Versalles, a súa ideoloxía era protofascista e nacionalista, logo da prohibición aos ex-combatentes de participaren en organizacións paramilitares, moitos ingresaron en organizacións políticas extremistas, nese caldo xurdiu o Partido Nazi, e as súas organizacións paramilitares uniformadas, en toda Europa multitude de grupos políticos ou paramilitares adoptaron ese gusto polos uniformes. Co acceso ao poder dos nazis, os uniformes xeneralizáronse masivamente entre a poboación, como boa parte formaba parte por obriga ou por vontade, de organizacións vencelladas aos nazis. Na Italia fascista ou na España do primeiro franquismo déronse situacións parecidas, logo da segunda guerra mundial, nalgúns países como foi o caso de Alemaña prohibíronse ás organizacións políticas levar uniformes.

Remove ads

Uniformes escolares

Thumb
Estudantes de Corea do Norte co uniforme obrigatorio

Nalgúns países é habitual que os alumnos das escolas vistan uniformes, como é o caso do Reino Unido, noutros países como España úsanse principalmente en colexios privados. Nos Estados Unidos tradicionalmente os uniformes estaban asociados coas escolas privadas pero desde que en 1987 a primeira escola pública adoptou unha política de uniformes obrigatorios, a situación está mudando e segundo unha enquisa do ano 2000 o 21% das escolas públicas tiñan unha política de uniformes[19] Os uniformes escolares poden ir desde unha simple camisa estándar a un rigoroso equipamento de roupa formal en colexios privados, nalgúns países o tipo de uniforme varía de escola a escola e noutros, como no Reino Unido, é común para todas as escolas.

Remove ads

Uniformes de grupos xuvenís

Organizacións xuvenís como o sokol ou os scouts, dedicados á realización de actividades deportivas os primeiros ou a actividades ao aire libre os segundos tamén adoptaron uniformes para reducir as diferenzas entre os membros e sentirse membros da mesma irmandade.

Remove ads

Uniformes de traballo

Despois da segunda guerra mundial, os uniformes civís, agás aqueles que representan autoridade, progresivamente derivaron en uniformes de traballo, todos os elementos militares que simbolizan rango e función no seo dunha organización xerárquica desaparecen. Os uniformes de traballo convértense en parte da identidade corporativa, que comunican a súa visión e os seus obxectivos e axuda a que o empregado se identifique coa empresa e os seus obxectivos.

Tráfico aéreo

No tráfico aéreo é habitual que o piloto e outros membros da cabina mais os auxiliares de voo vaia en uniforme.

Restauración

Na maioría dos hoteis e boa parte dos restaurantes é habitual que o persoal atenda ao público con uniforme.

Servizo doméstico

En moitos países o servizo doméstico das grandes casas aristocráticas e burguesas levaban uniforme sendo común que asistentas, axudas de cámara e aias os levasen , espallándose o costume tamén ao servizo doméstico dos fogares da clase media, aínda que o uso de uniformes desde as últimas décadas do século XX tendeu a diminuír. No caso das mulleres era habitual o mandil.

Transporte de viaxeiros terrestre

É habitual o seu uso nos condutores de autobús, metro e maquinistas, mais nalgúns países, como é o caso de Australia, tamén os taxistas han de levar uniforme[20]

Remove ads

Uniformes deportivos

A maioría, senón todos, dos deportes profesionais por equipos requiren uniformes, coas cores distintivas do equipo, club ou selección. En Gran Bretaña, en rugby arredor de 1840 empregánbase roupas ou complementos peculiares como as gorras de veludo ou xerseis pero que non constituían uniformes estandarizados[21], os uniformes estándar desenvoléronse ao longo da década década de 1870, ao igual que no fútbol[22]. Nos Estados Unidos, o uso de uniforme no béisbol comezou en 1849 [23].

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads