Arao dos cons

From Wikipedia, the free encyclopedia

Arao dos cons
Remove ads

O arao (do francés antigo hairon)[1] dos cons ou aro[2][3] (Uria aalge) é unha ave costeira da familia Alcidae. Xunto co garrucho, domina as colonias mariñas dos cantís na tempada do verán. O arao nada fronte a costa en grandes masas baixo os cantís. Fronte aos farallóns adoita verse voando baixo e rápido.

Datos rápidos Conservación, Distribución ...
Thumb
Arao dos cons nun selo postal das Illas Feroe.

No inverno, aparecen en terra só durante ou despois dos vendavais.

Remove ads

Descrición

Thumb
Parella de araos sobre un con.

Os exemplares adultos acadan os 38–46 cm de altura e 61–73 cm de envergadura, de plumaxe negra co peito e ventre brancos, co peteiro en forma de puñal, algúns exemplares presentan unha lixeira liña ocular branca.

Distribución

O seu hábitat son as illas, cons e cantís das costas do Atlántico norte (chegando polo sur ata Novo Brunswick e Portugal) e Pacífico norte (chegando polo sur ata California), cría formando grandes colonias e deixan os seus ovos nas rochas espidas, teñen forma piriforme para que, de sufriren un golpe rolen en círculo e non sobre o seu eixo. Algúns residen permanentemente, os situados máis ao norte migran ao sur, aliméntanse principalmente de peixe, compleméntandoo con crustáceos, vermes mariños e luras.

Poboación en Galiza

Thumb
Araos na costa da illa de Burge (Noruega)

A poboación galega estímase entre 3 e 12 parellas reprodutoras: Sisargas, 3 parellas e Cabo Vilán, de difícil censo, 9 parellas en 1991. Como ave de paso é moi escasa, con observacións en xeral de individuos illados, algunhas veces en parellas ou en grupos de tres ou máis.

Calcúlase que nos anos 60 a poboación galega sería dunhas 1.500 ou 2.000 parellas, repartidas en nove colonias: Estaca de Bares, Aguillóns, Punta do Limo (Cabo Ortegal), A Gabeira (Veigue), Illas Sisargas e Cabo Vilán, todas elas na provincia da Coruña, xunto ás de Ons, Costa da Vela e Illas Cíes na provincia de Pontevedra. Durante a década dos 70 comezaron a minguar tódalas colonias, desaparecendo algunha como a de Cabo Ortegal que chegou a ter unhas 1.000 parellas, quedando outras moi reducidas (Sisargas, 32 individuos, e Cíes, 6 parellas). A mesma tendencia produciuse na colonia portuguesa da Illa Berlenga.

En 1986 había 43 parellas e en 1998 só quedaban 7, as causas da situación precaria do arao dos cons son a caza e colleita de ovos polos humanos, algunhas artes de pesca que fan que as aves queden enganchadas nas redes e a contaminación por produtos petroleiros. Desde 2002, polo desastre do Prestige a situación do arao dos cons foi a peor, o mesmo que do arao papagaio e arao romeiro.[4][5]

Thumb
Uria aalge aalge.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads