Valkyrie
filme de 2008 dirixido por Bryan Singer From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Valkyrie é un filme estadounidense de 2008 ambientado na Alemaña nazi durante a segunda guerra mundial, dirixido por Bryan Singer, o protagonista principal é Tom Cruise como o coronel Claus von Stauffenberg, conta tamén coa actuación de Kenneth Branagh, Bill Nighy, Eddie Izzard, Terence Stamp e Tom Wilkinson. A súa estrea foi o 25 de decembro de 2008 nos Estados Unidos. O custo de produción foi de 75 millóns de dólares e a recadación de 200.276.784 $ en todo o mundo.[1]
Remove ads
Produción
A elección de Cruise causou controversia entre os políticos alemáns e os familiares de von Stauffenberg por ser Cruise membro da Igrexa da Ciencioloxía, organización que o goberno alemán non considera de natureza relixiosa e que intentou ilegalizar, arquivando finalmente a medida por non atopar actividades ilegais ou anticonstitucionais.
Sinopse
O argumento de Valkyrie é un trasunto atentado do 20 de xullo dun grupo de oficiais alemáns contra Hitler e a utilización da Operación Valquiria, un plan de emerxencia ideado pola reserva territorial do exército, para facerse co control de Alemaña.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Web Oficial (en castelán)
- Ficha na IMDb (en inglés)
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads