Wamba
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Wamba[1] ou Vamba,[2] finado no ano 687, foi un rei visigodo que reinou entre os anos 672 e 680.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Wamba (homónimos).
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Remove ads
Traxectoria
A morte de Recesvinto levou á nobreza a proclamalo rei, a pesar de rexeitar o nomeamento debido á súa avanzada idade. Wamba foi forzado pola nobreza a aceptar o trono na localidade de Gérticos, despois chamada Wamba (situada na actual provincia de Valladolid, a 19 km da capital) na súa honra. Por iniciativa propia esixiu ser coroado en Toledo o 20 de outubro de 672.

Foi o último rei que deu esplendor aos visigodos. Coa súa morte comeza a decadencia. O seu reinado non foi fácil, pois o pasou case enteiramente sufocando as loitas internas da nobreza contra a monarquía, os nobres entre si, os católicos contra os arianos e a poboación hispanorromana contra os visigodos. Ademais tivo que sufocar unha rebelión dos vascóns, e no 672 houbo de enfrontarse a un novo e descoñecido perigo: a invasión de norteafricanos ou árabes, que tentaron pasar á Península por Alxeciras, intento que foi rexeitado polos visigodos.
Crese que o metropolitano de Toledo, Xiao II, interveu na conxura que acabou co poder do rei Wamba. O rei foi enganado e narcotizado e unha vez nese estado, tonsurárono, vestírono cun hábito de monxe e obrigárono a renunciar á coroa no ano 680.
Durante o seu reinado celebrouse o terceiro concilio de Braga.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads