Velvet Revolver
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Velvet Revolver é un supergrupo estadounidense de hard rock procedente de Rancho Santa Margarita (California) e formado no ano 2002. Está composto polos antigos membros de Guns N' Roses Slash, Duff McKagan e Matt Sorum, xunto con Dave Kushner, antigo compoñente de Wasted Youth. O vocalista de Stone Temple Pilots Scott Weiland foi o cantante de Velvet Revolver dende a súa formación ata o ano 2008. No ano 2004 o grupo acadou éxito comercial coa súa estrea Contraband. A pesar das boas recensións, algúns críticos describiron inicialmente a Velvet Revolver como unha combinación entre Stone Temple Pilots e Guns N' Roses, criticándoos por unha "desconexión" entre Weiland e o resto da banda.
O grupo editou Libertad no ano 2007, iniciando unha xira con Alice in Chains. No mes de abril de 2008 Weiland deixou Velvet Revolver e reuniuse con Stone Temple Pilots. A banda entrou entón en hiato indefinido. No mes de novembro dese ano foi liberada do seu selo RCA Records a petición súa, para poder elixir con liberdade os seus pasos despois da marcha de Weiland.
A edición do álbum de estrea en solitario de Slash e o ingreso de Duff McKagan en Jane's Addiction puxo o futuro de Velvet Revolver en dúbida. Porén, McKagan deixou Jane's Addiction poucos meses despois de unirse. A pesar de estar en hiato, Velvet Revolver compuxo novos temas e planea facer unha audición para atopar vocalista e reunirse novamente en 2011.
== Discografía =={| class="wikitable" |- ! Álbum !! Ano !! Selo |- | Contraband || 2004 || RCA Records |- | Libertad || 2007 || RCA Records |}
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina da banda (en inglés)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads