Venus Express

From Wikipedia, the free encyclopedia

Venus Express
Remove ads

Venus Express foi unha sonda espacial da Axencia Espacial Europea lanzada nun foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur o 9 de novembro de 2005.[2][3][5][6]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

Venus Express foi a primeira misión da ESA ao planeta Venus, orixinada nas propostas de reuso do deseño da sonda Mars Express. A sonda reutilizou varios instrumentos de reposto de Mars Express e da misión Rosetta. O obxectivo principal era estudar a atmosfera venusina, a súa contorna de plasma e a interacción co vento solar, así como examinar no posible a superficie.[2][3][5][6]

A nave tiña unha masa ao lanzamento, incluíndo propelente, de 1240 kg (670 kg de masa en seco). O corpo principal tiña forma de caixa de 1,65 x 1,7 x 1,4 m. O motor principal da nave tiña un impulso de 415 N, con oito propulsores máis pequenos de 10 N para control de actitude, todos alimentados con tetróxido de nitróxeno e hidracina. Os dous paneis solares proporcionaban ata 1100 vatios de potencia que eran almacenados en tres baterías de ións de litio cunha capacidade cada unha de 24 Ah. As comunicacións tiñan lugar en banda X e banda S, con transmisores redundantes e velocidades de ata 262.000 Kbps. O control térmico conseguíase mediante radiadores, capas illantes de Kapton e cobertores reflectantes. Os datos podíanse almacenar nunha memoria de estado sólido de 12 Gb. Ao final da súa misión, Venus Express entrou na atmosfera de Venus, cesando as súas operacións o 28 de novembro de 2014.[3][5][6]

Remove ads

Instrumentos

Venus Express levaba os seguintes instrumentos a bordo:[3][5][6]

  • Venus Monitoring Camera: unha cámara gran angular.
  • ASPERA: combinación de cámara de átomos neutros, magnetómetro e espectrómetro de ións e electróns.
  • PFS: espectrómetro de Fourier infravermello.
  • SPICAV/SOIR: espectrómetro ultraviolera e infravermello.
  • VIRTIS: espectrómetro ultravioleta, visible e infravermello.
  • MAG: un conxunto de dous magnetómetros.
  • VeRa: un experimento de ciencia por radio.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads