Rosetta (sonda espacial)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Rosetta foi unha nave espacial robótica deseñada, construída e lanzada pola ESA, o seu obxectivo principal foi o cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rosetta.
O nome da sonda é unha homenaxe á Pedra Rosetta que permitiu a Jean-François Champollion descifrar os xeroglíficos exipcios, fai alusión ao obxectivo científico da misión de coñecer mellor os elementos mais antigos do sistema solar (asteroides e cometas). O nome do lander, Philae, fai referencia á illa do río Nilo onde se atopou o obelisco de Philae que permitiu coñecer as consoantes do exipcio.
A misión foi aprobada pola ESA no ano 1993. A data de lanzamento foi programada para xaneiro do 2003 e tiña coma obxectivo ir ao encontro do cometa 46P/Wirtanen no ano 2011. Atrasos no lanzamento da nave, co conseguinte peche da ventá de oportunidade, fixeron mudar o obxectivo ao cometa 67P/Churyumov–Gerasimenko.[1]
O control da misión estivo a cargo da DLR.
Remove ads
Instrumentación científica do orbitador
- OSIRIS.- sistema de captación de imaxes.
- ALICE.- Espectrómetro de imaxes no canal ultravioleta.
- VIRTIS.- Espectrómetro de mapeo de imaxes nos canais visible e infravermello.
- MIRO.- Analizador de microondas.
- CONSERT.- Sonda de ultrasóns do núcleo do cometa.
- COSIMA.- Analizador de masas dos ións secundarios do cometa.
- GIADA.- Acumulador e analizador de impactos de graos e po cometario.
- MIDAS.- Sistema de análise de microimaxes.
- ROSINA.- Espectrómetro de ións.
- RPC.- Analizador de plasma
- RSI.- Sistema de análise de radio.
Remove ads
Instrumentación científica do módulo de descenso Philae
- APXS.- Espectrómetro de protóns e raios X.
- CIVA.- Sistema de recollida de imaxes.
- CONSERT.- Sondaxe por ultrasóns do núcleo cometario.
- COSAC.- Experimento de mostraxe e composición cometaria.
- MODULO PTOLOMEO.- Analizador de gases.
- MUPUS.- Sensor multiuso de superficie.
- ROMAP.- Magnetómetro e monitor de plasma.
- SD2.- Dispositivos de mostraxe.
- SESAME.- Experimento de monitorización de superficie eléctrica e ecústica, monitor de impacto de po.
Remove ads
Cronoloxía da misión
- 2 de marzo de 2004: Saída da Terra.
- 4 de marzo de 2005: Primeira asistencia gravitacional terrestre.
- 25 de febreiro de 2007: Asistencia gravitacional de Marte.
- 13 de novembro de 2007: Segunda asistencia gravitacional terrestre.
- 5 de setembro de 2008: Sobrevoo do asteroide 2867 Šteins.
- 13 de novembro 2009: Terceira asistencia gravitacional terrestre.
- 10 de xullo de 2010: Sobrevoo do asteroide 21 Lutetia.
- 8 de xuño de 2011: Entrada en invernación de espazo profundo.
Ano 2014
- 19 de xaneiro[1] de 2014 - Saída da invernación de espazo profundo: Ás 10:00 UTC a computadora da sonda saíu do estado de invernación e comezou a restablecer os sistemas da sonda, restablecendo a comunicación co centro de control na Terra a través do complexo de comunicacións do espazo profundo Goldstone da NASA ás 18:18 UT.[2]
- Maior manobra para ó achegamento ao cometa: maio de 2014.
- Chegada do orbitador ao carón do Cometa: agosto 2014. Inserción orbital completa arredor do cometa 67/P.
- Aterraxe do lander Philae na superficie do cometa: novembro de 2014.
Ano 2015
- Aproximación mais pechada ao Sol: 13 de agosto 2015.
- Fin oficial da misión: 31 de decembro de 2015.
Ano 2016
- Fin definitivo da misión: 30 de setembro de 2016. A ESA escolleu esa data para impactar o orbitador no cometa.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads