Vicealmirante

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O vicealmirante[1] é un grao militar da xerarquía de oficiais nas armadas. Este grao é equivalente ao de xeneral de división nos exércitos de terra e aire. Normalmente encóntrase inmediatamente enriba do contralmirante e inmediatamente debaixo do almirante.

Variación

Iberoámerica

Arxentina

Thumb

Na Armada Arxentina o vicealmirante é un grao de oficial superior encontrado por enriba do contralmirante e por debaixo do almirante.

Chile

O grao de vicealmirante foi creado en 1818 como máximo grao da Armada de Chile, equivalente ao Xeneral de división e o seu primeiro agraciado foi o inglés Thomas Cochrane. O seu distintivo é un galón dourado de 45 mm localizado na bocamanga e sobre o galón unha estrela dourada. Neste grao só se pode permanecer ata cumprir os 41 anos de servizo naval.[2]

España

Thumb
Divisas de Vicealmirante da Armada Española.

É un grao de oficial xeneral por enriba do contralmirante e por debaixo do almirante.

Na Armada Española as súas divisas son dous galóns de 14 mm.

Estados Unidos

Na Armada dos Estados Unidos de América o grao de vicealmirante encóntrase precedido polo grao de contralmirante e sucedido polo grao de almirante.

Thumb

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads