Vilamartín de Valdeorras

concello da comarca de Valdeorras, na provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia

Vilamartín de Valdeorrasmap
Remove ads

Vilamartín de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE no ano 2022 tiña 1.825 habitantes (2.477 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilamartinés» ou «valdeorrés».

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Xeografía

O concello está situado ao nordeste da provincia de Ourense (a 106 km da capital ourensá) e ao norte da comarca de Valdeorras a 7 km do Barco de Valdeorras.

Está situado no val do río Sil, e conta cun relevo moi accidentado, con altitudes mínimas de 300 metros e cumios de 1.200 m (serra do Eixe, ao sur), 1.236 m (serra dos Cabalos, ao norte, 1.540 m (monte de Montouto) ou 1.600 m (Lastra).

A orografía está conformada por pedra calcaria, lousa e cuarzo. Estas formacións rochosas, así como o encoro de Santiago, inflúen na climatoloxía, favorecendo a formación de microclimas húmidos con trazos continentais e unha forte influencia mediterránea apreciable na temperatura, nas precipitacións totais e na cuberta vexetal que combina especies frondosas coma o castiñeiro, ou a sobreira con fragas repoboadas de piñeiro.

A abundancia de zonas húmidas favorece a migración de especies como o mergullón cristado, garzas, cegoñas ou galiñas de auga.

Poboación

Censo total (habitantes) 1.793 (2014)
Menores de 15 anos 104 (5.8 %)
Entre 15 e 64 anos 1.022 (57 %)
Maiores de 65 anos 667 (37.2 %)
Evolución da poboación de Vilamartín de Valdeorras   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3.866 4.190 4.059 3.126 2.472 2.164 2.047 1.988 1.826 1.793
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Remove ads

Historia

Coñecida simplemente como Vilamartín, coa reforma da nomenclatura municipal de España de 1916 pasou a chamarse Vilamartín de Valdeorras para distinguila doutros concellos de España. Entre eles están Villamartín (Cádiz), o antigo Villamartín de Villadiego (Burgos), Villamartín de Campos (Palencia) e Villamartín de Don Sancho (León).[1]

Cultura

Thumb
Rúa de Vilamartín de Valdeorras

En 1914 o historiador e xurista Nicolás Tenorio Cerero publicou o libro La aldea gallega. Nel describe os costumes e tradicións do partido xudicial de Viana do Bolo a comezos do século XX.

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilamartín de Valdeorras

Arcos (San Lourenzo) | Arnado (San Clemente) | Cernego (San Víctor) | Córgomo (Santa Comba) | Correxais (San Pedro) | O Mazo (Santo Antonio) | A Portela (San Xulián) | San Miguel do Outeiro (Santo Antonio) | San Vicente de Leira (San Vicente) | Valencia do Sil (San Bernabé) | Vilamartín de Valdeorras (San Xurxo)

Lugares de Vilamartín de Valdeorras

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilamartín de Valdeorras vexa: Lugares de Vilamartín de Valdeorras.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads