W. E. B. Du Bois

sociólogo e historiador estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

W. E. B. Du Bois
Remove ads

William Edward Burghardt Du Bois, ás veces chamado Web Dubois, nado en Great Barrington (Massachusetts) o 23 de febreiro de 1868 e finado en Ghana o 27 de agosto de 1963, foi un sociólogo, historiador e socialista afroamericano de orixe haitiana que loitou polo recoñecemento dos dereitos cívicos dos negros nos Estados Unidos. Foi tamén editor e poeta. Pertenceu á francmasonería.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Thumb
W. E. B. Du Bois.

Foi laureado co Premio internacional da paz (outorgado polo Consello mundial da paz) en 1952 e co Premio Lenin da paz en 1959.

Remove ads

Traxectoria

Orixes familiares e primeiros anos

William Edward Burghard Du Bois naceu o 23 de febreiro de 1868 en Great Barrington, Massachusetts, fillo de Alfred Du Bois e Mary Silvina Burghardt Du Bois.[1] A familia materna formaba parte dunha pequena comunidade de persoas negras libres de Great Barrington, e posuía terras na rexión. Ademais, a nai descendía de devanceiros holandeses, africanos e ingleses.[2] O bisavó de Du Bois era Tom Burghardt, un escravo (nado no occidente africano contra 1730) do colono holandés Conraed Burghardt. Tom serviu brevemente no Exército Continental durante a Guerra de Independencia dos Estados Unidos de América, o que puido ser a causa da súa liberación a finais do século XVIII. O fillo de Tom Burghardt, Jack Burghardt, foi á súa vez pai de Othello Burghardt, avó de W. E. B. Du Bois.[3]

W. E. B. Du Bois afirmaba ser parente de Elizabeth Freeman, que segundo el casou co seu bisavó Jack Burghardt.[4][5] Porén, Freeman era 20 anos maior ca Burghardt, e non existe rexistro oficial dese matrimonio. É posible que Burghardt casase coa filla de Freeman, Betsy Humphrey, tras ser abandonada polo seu esposo Jonah Humphrey, e tras o pasamento da primeira muller de Burghardt cara a 1810. Hai evidencia parcial de que ambos mantiveron algún tipo de relación íntima.[6]

O bisavó paterno de W. E. B. Du Bois foi James Du Bois (de Poughkeepsie, Nova York), un home francoamericano de orixe hugonote casado cunha muller escrava.[7] Un dos seus fillos foi Alexander, nado en Long Cay, nas Bahamas, en 1803; este emigrou xunto co seu pai aos Estados Unidos en 1810.[8] Alexander Du Bois estivo un tempo traballando en Haití, onde naceu Alfred Du Bois, froito das súas relacións cunha amante. Alexander regresou a Connecticut, deixando en Haití ao seu fillo.[9]

Arredor de 1860, Alfred Du Bois viaxou aos Estados Unidos, establecéndose en Massachusetts. Casou con Mary Silvina Burghardt o 5 de febreiro de 1867 en Housatonic, unha vila situada en Great Barrington.[9] Alfred abandonou a Mary en 1870, dous anos despois do nacemento do seu fillo William, quizais por presións da familia materna.[10] Mary Du Bois mudouse a casa dos pais en Great Barrington, onde viviron até que o fillo cumpriu os cinco. Mary traballou para contribuír ao fogar (malia a oposición do seu irmán e veciños), mais faleceu dun ictus a comezos da década de 1880. Faleceu en 1885.[11][12]

A poboación de Great Barrington era en gran parte de orixe europea, mais Du Bois puido asistir á escola pública local e xogar cos seus compañeiros brancos. Porén, xa de adulto, escribiu sobre o racismo que viviu como fillo abandonado e membro dunha minoría. O profesorado, recoñecendo a súa capacidade, animouno a continuar as súas pescudas intelectuais. Du Bois pensaba que podía empregar os seus coñecementos para apoderar ás persoas afroamericanas.[13] En 1884, graduouse do instituto de Great Barrington con matrícula. A congregación da súa igrexa local fixo unha colecta para financiar a súa educación universitaria.[14]

Formación

Estudou na Fisk University de Nashville (Tennessee), e logo en Harvard a partir de 1888. Foi o primeiro negro norteamericano graduado cun doutoramento en Filosofía por Harvard en 1895.

Madurez

Despois dos seus estudos en Harvard e en Berlín, publicou unha das primeiras obras sociolóxicas americanas: The Philadelphia Negro (O negro de Filadelfia). Ensina na Universidade de Atlanta e publica en 1903 o ensaio The Souls of Black Folk. Foi tamén autor de varias novelas, das que destaca The Dark Princess (A Princesa Negra).

En 1909, participou na creación da NAACP, e dirixiu o seu xornal, The Crisis.

A partir dos anos 1940, mostra unha simpatía crecente polas teses comunistas. En 1961, con 93 anos, afilíase oficialmente ao Partido comunista dos USA. Logo emigrou a Ghana, da que recibiu a nacionalidade, e onde faleceu en 1963.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads