aplicación de mensaxaría instantánea From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
WhatsApp (denominación curta de WhatsApp Messenger) é un servizo de mensaxería instantánea, de balde dende 2016 (anteriormente tiña un período de proba de 365 días, despois dese período esixía o pago de 1 USD ao ano) para dispositivos móbiles mediante Internet. Permite a creación de grupos e o envío de texto, imaxe, son e vídeo. A aplicación está dispoñible para diversos sistemas operativos iOS, Android, BlackBerry OS, Windows Phone e algúns dos dispositivos que utilizan Symbian de Nokia. Segundo datos de 2016, a aplicación supera os 1.000 millóns de usuarios.[1] O seu nome é un xogo de palabras da expresión inglesa "What's up?" que significa "Que pasa?" ou "Como che vai?".
A empresa californiana foi creada no ano 2003 por Brian Acton e Koum Jan, ambos ex traballadores de Yahoo!. En decembro de 2013, a aplicación acadou os 400 millóns de usuarios activos. Foi comprada por Facebook Inc. en febreiro de 2014. por 19.300 millóns de USD.[2][3]
En 2017 anunciouse un servizo para pequenas e medianas empresas co nome de WhatsApp Business.[4]
Remove ads
Descrición
WhatsApp emprega unha versión personalizada do estándar aberto Extensible Messaging and Presence Protocol (XMPP)[5].
Despois da instalación, créase unha conta de usuario mediante o número de teléfono como nome de usuario. Mentres que na versión de Android utiliza un algoritmo hash MD5, empregando a versión do teléfono e o seu IMEI como contrasinal, a versión iOS duplica a tarxeta do teléfono e o enderezo MAC empregando TI-MD5. Para funcionar Whatsapp require que o aparello no que se instale teña unha axenda de números de teléfono asociada, se non se cumpre esta condición aínda sendo o software compatible non funcionará, tendo esta limitación na configuración.
As mensaxes multimedia son enviadas xunto coa imaxe, son ou vídeo a un servidor HTTP que as reenvía como unha ligazón que conten en Base64 a codificación xunto dunha imaxe en miniatura (se é necesario).
WhatsApp sincronízase coa axenda telefónica do dispositivo de xeito que non require engadir contactos directamente na aplicación. Por ese motivo é obrigatorio que o dispositivo conte cunha axenda de contactos e que estes estean rexistrados na axenda (dados de alta) antes de poder utilizalos no WhatsApp.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads