Why?

From Wikipedia, the free encyclopedia

Why?
Remove ads

Why? (estilizado como WHY?) é unha banda estadounidense de hip hop alternativo e indie rock. O grupo foi fundado en 2004 polo rapeiro e cantante de Cincinnati Yoni Wolf, que vén usando Why? como o seu nome artístico dende 1997. Ademais de Wolf, que é o principal vocalista e toca varios instrumentos, a banda está composta polos multiinstrumentistas e coristas Doug McDiarmid e Matt Meldon, e o batería e corista Josiah Wolf, que é o irmán máis vello de Yoni Wolf.

Datos rápidos Orixe, Período ...

A banda leva publicados seis álbums de estudio, xunto con varios EPs, demos, e álbums ao vivo.[1] O seu primeiro disco, Elephant Eyelash de 2005, chegou dous anos despois do derradeiro traballo de Yoni Wolf como Why? en solitario. Tras este disco a banda lanzou Alopecia (2008), Eskimo Snow (2009), Mumps, Etc. (2012), Moh Lhean (2017), e AOKOHIO (2019).

Remove ads

Discografía

Álbums

Máis información Álbum, Ano ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads