Xabier López López
escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Xabier López López, nado en Bergondo o 29 de xaneiro de 1974, é un escritor galego.
Remove ads
Traxectoria

Veciño de Betanzos dende 1993, é licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. Desenvolveu, paralelamente á súa carreira literaria, diversas actividades relacionadas co asociacionismo de base que o levaron a presidir a Asociación Cultural Eira Vella (1999-2003), entidade editora da revista semestral A Xanela, onde viron a luz as súas primeiras achegas literarias a mediados dos anos noventa.
Colaborador ocasional de prensa escrita e dixital (A Nosa Terra, De Luns a Venres, Grial, entre outras), a súa carreira autorial, centrada na narrativa, contempla primordialmente a novela, sen desatender incursións ocasionais no relato ou no mundo do conto infantil.
Remove ads
Obras
Narrativa
- Doutor Deus, 1999, Sotelo Blanco.
- O caderno, 2001, Sotelo Blanco.
- O mono no espello, 2002, Sotelo Blanco. Publicada en castelán no 2014, co título El mono en el espejo, por editorial Baile del Sol.[1]
- A estraña estrela, 2003, Galaxia.Publicada en portugués no 2004, co título A estranha estrela, por Deriva editores.[2]
- A vida que nos mata, 2003, Galaxia. Publicada en castelán no 2014, co título La vida que nos mata, por Editorial Funambulista.[3]
- Trinta e dous dentes, 2007, Galaxia. Publicada en castelán no 2015, co título Treinta y dos dientes, por Pulp Books.[4]
- Os libros prestados, 2010, Galaxia. Publicada en castelán no 2013, co título Los libros prestados, por Libros de Pizarra.[5]
- 1989, 2013, Biblos Clube de Lectores. Publicada en castelán no 2015 por Editorial Adeshoras.[6]
- Cadeas, 2013, Xerais, Premio Xerais de novela. Publicada en castelán no 2017, co título Cadenas por editorial Hoja de Lata.[7]
- Olympia Ring, 1934, 2014, Galaxia. Publicada en castelán no mesmo ano por Editorial Gregal.[8]
- Max & Franz, 2018, Editorial Pre-Textos.
- 900 (2019). Galaxia. 904 páxs. ISBN 978-84-9151-389-6.[9][10]
- Cocaína, 2022, Menino Morreu.
- Contrabiografía (2024). Vigo: Galaxia. 218 páxs. ISBN 978-84-1176-180-2.
Literatura infanto-xuvenil
- Biff, Bang, pow! (novela case negra), 1997, Sotelo Blanco.
- A vella quenlla perde os dentes, 2005, Edebé-Rodeira. Publicado en castelán no mesmo ano, co título El viejo tiburón pierde los dientes, por Edebé.[11] Traducido ao árabe en 2015 por editorial Kalima, Emiratos Árabes Unidos. Publicado en chinés por Hubei Children´s Press.
- Cando Artur non era rei, 2012, Galaxia.
- Son un can!, 2013, Edebé-Rodeira. Publicado en castelán no mesmo ano, co título ¡Soy un perro, por Edebé. Publicado en chinés por Hubei Children´s Press.[12]
- O home que sabía voar, 2015, Tambre-Edelvives. Publicado en castelán en 2017, co título El hombre que sabía volar, por Edelvives.[13]
- Os tres desexos, 2017, Tambre-Edelvives.
- O segredo da vella librería, 2018, Galaxia.
- Tres segundos na zona, 2022, Oqueleo.
- Un frautista en Nilemah, 2023, Tambre-Edelvives. Publicado en castelán en 2023, co título Un flautista en Nilemah, por Edelvives
Traducións
- Herbario, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo, 2009, Galaxia.
Participación en obras colectivas
- Ollos verdes/Ojos verdes en Trece por docena, 2005, Caballo de Troya.
- Vacheron Constantin en Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida, 2013, Xerais.
- Vida (e desventuras) dun libro (de poesía) en O libro dos libros, 2018, Galaxia.[14]
- Amor aos animais en Contra o vento, 30 anos do premio García Barros, 2018, Galaxia.
- Do caso que lle aconteceu a Alfredo Aneiros en Miño (Antoloxía do relato galego actual), 2023, Xerais.
Remove ads
Premios
- Premio Risco de Literatura Fantástica no 2001, por O caderno.
- Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2002, por O mono no espello.
- Finalista do Premio San Clemente de lectores novos, por O mono no espello.
- Finalista do premio Losada Diéguez no 2003, por A estraña estrela.
- Premio García Barros no 2003, por A vida que nos mata.
- Premio da crítica española no 2003, por A vida que nos mata.
- Finalista do Premio de Novela europea Casino de Santiago, por A vida que nos mata.
- Finalista do premio Torrente Ballester no 2007, por Trinta e dous dentes.
- Premio Xerais en 2013, por Cadeas.
- Premio Fervenzas Literarias ao autor do ano 2013.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa para adultos de 2013, por Cadeas.
- Premio Frei Martín Sarmiento ao mellor libro de 5º e 6º de Educación Primaria en 2017, por O home que sabía voar.
- Premio Juan March Cencillo de novela breve 2018 por Max & Franz.
- Premio Torrente Ballester 2018 de narrativa en lingua galega por 900.
Vida persoal
É irmán do xornalista e político Paulo Carlos López.
É irmán da doutora en neurociencia Cristina López.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads