Xavier Vinader
xornalista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Xavier Vinader Sánchez, nado en Sabadell o 17 de febreiro de 1947, e finado en Barcelona o 9 de abril de 2015,[1] foi un xornalista catalán experto en extrema dereita e crime organizado,[2] e que destacou pola loita pola liberdade de expresión.[3]
Remove ads
Biografía
Diplomouse na Escola Oficial de Xornalismo no ano 1973, e colaborou co Diari Sabadell, coa Radio Juventud de Sabadell e coas revistas Can Oriach e TS.[4] Foi membro do equipo directivo do grup Zeta dende 1978. Foi presidente internacional da ONG Reporteiros sen Fronteiras até 1993. Foi un dos profesionais que máis investigou o fenómeno terrorista en España. En 1979, escribiu dous artigos na revista Interviú, nos cales explicou, detallando nomes e apelidos, as actuacións de grupos de extrema dereita no País Vasco. Pouco despois, ETA acabou con dous individuos mencionados nos artigos e, en 1981, a Audiencia Nacional de España condenouno a sete anos de prisión por un suposto delito de imprudencia temeraria. Vinader fuxiu ó exilio e non regresou a Cataluña até o 1984. Despois de pasar tres meses no cárcere de Carabanchel, foi indultado polo goberno español.
Como xornalista cubriu, entre outras, a guerra de Afganistán, a Revolución dos caraveis en Portugal e a fin da guerra entre Rusia e a China. É autor de libros e artigos sobre o mundo policial. Colaborou en diferentes diarios e semanarios.
Remove ads
Obras
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads