RAG1

modelo da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

RAG1 (ou Recombination activating 1[1], activador da recombinación 1), tamén chamada RAG-1, é unha proteína que nos humanos esta codificada no xene RAG1 (xene activador da recombinación 1) do cromosoma 11.[2]

RAG1
Identificadores
Símbolo RAG1
Símbolos alt. RAG-1, RNF74, recombination activating gene 1, recombination activating 1, recombination activating protein 1
Entrez 5896
HUGO 9831
RefSeq NP_000439
UniProt P15918
Outros datos
Locus Cr. 11 11p12(36.51 – 36.59 Mb)

A proteína codificada por este xene está implicada na activación da recombinación V(D)J das inmunoglobulinas. A proteína codificada está implicada no recoñecemento do substrato ADN, pero a actividade de clivaxe e unión estable tamén necesita de RAG2. O complexo RAG-1/2 recoñece a secuencia sinal de recombinación (RSS) que flanquea as rexións V, D e J no xene que codifica a rexión constante das cadeas pesada e lixeira dun anticorpo. O complexo únese ás secuencias sinal de recombinación e fai unha amosega no ADN. Isto orixina a eliminación da RSS e a unión final das secuencias V D e J.[3] Os defectos neste xene poden ser a causa de varias doenzas.[2]

Debido a estes efectos, a deleción do xene de rato Rag1 utilízase en modelos de ratos de enfermidades para alterar a maduración das células T e B, e eliminar funcionalmente células T e B maduras do sistema inmunitario.[4]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads