Xenocidio camboxano

From Wikipedia, the free encyclopedia

Xenocidio camboxanomap
Remove ads

O xenocidio camboxano (en khmer: របបប្រល័យពូជសាសន៍) foi obra do réxime maoísta[1] dos Khmer vermellos (en francés: Khmer Rouge ou KR; en khemer: Khmer Krahom), un partido político que gobernou a chamada Kampuchea Democrática entre 1975 e 1979, cunha concepción extremista da revolución.

Datos rápidos Tipo, Data ...
Thumb
Cranios das vítimas dos Khmer vermellos.

Baixo a dirección de Pol Pot, o réxime propúxose a creación dun modelo socialista agrario baseado nos ideais do maoísmo e o stalinismo. A súa política caracterizouse pola ruralización forzada dos habitantes dos núcleos urbanos, torturas, execucións masivas, traballos forzados xeneralizados e malnutrición, custando a vida de aproximadamente un cuarto da poboación do país.[2] En cifras concretas, entre millón e medio e tres millóns de camboxanos faleceron. O xenocidio finalizou coa invasión vietnamita.[3] Descubríronse máis de 20 000 fosas comúns, chamadas Campos da Morte.[4] Os principais descubrimentos destas fosas déronse entre 1995 e 1996.[5]

O obxectivo principal dos Khmer vermellos era purificar o país, en similitude ó tentado pola Alemaña nazi, crear unha raza superior ou, como dixo un líder khemer: «a purificación da poboación».[6] Como a maioría das vítimas eran de etnia khmer, a mesma dos seus verdugos, ás veces denomínase ó proceso un "autoxenocidio".[7]

O 2 de xaneiro de 2001, o goberno camboxano aprobou unha lexislación para axuizar un número limitado de dirixentes vermellos. Estes comezaron o 17 de febreiro de 2009.[8] O 7 de agosto de 2014, Nuon Chea e Khieu Samphan foron declarados culpables e sentenciados a cadea perpetua polos seus crimes de lesa humanidade.[9]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads