Xerga
terminoloxía usada por un grupo social ou profesional, ás veces contrastada coa terminoloxía estándar From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As xergas[1] ou argots[2] son unha linguaxe falada propia de determinados oficios tradicionais, de carácter esotérico ou críptico (só coñecida polos membros do grupo) que a utiliza para se diferenciar e afirmar como grupo así como para evitar ser comprendido polos demais.
Nestas linguas mestúranse palabras galegas propias cun significado modificado, neoloxismos e deformacións. Sempre foron transmitidas por vía oral e só na primeira metade do século XX comezaron a ser rexistradas por escrito.
Remove ads
Algunhas xergas
Na lingua galega existen varias xergas profesionais que reciben o nome de verbos, verbas ou latíns e que están en proceso de desaparición.
- Barallete: xerga dos afiadores e paraugueiros, de Nogueira de Ramuín.
- Xerga dos cesteiros: Mondariz.
- Latín dos chafoutas: xerga dos albaneis de Goián (Tomiño).
- Verbo dos arxinas: xerga dos canteiros, da Terra de Montes.
- Fala dos cabaqueiros ou verbo daordes: xerga dos telleiros do Rosal (Pontevedra).
- Fala dos bugardeiros: xerga dos cesteiros de Mondariz.
- Lafrada: fala dos albaneis de Bueu.
- Fala dos ingreiros: xerga dos músicos de Celanova.
- Barallete dos grañudos: falado polos vendedores ambulantes da Graña (Covelo).
- Garisma: latín dos cegos galegos.
- Burón: xerga dos comerciantes do Val de Fornela.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads