Xi Jinping
Secretario xeral do Partido Comunista da China From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Xi Jinping (en chinés simplificado: 习近平; en chinés tradicional: 習近平), nado en Pequín o 15 de xuño de 1953, é un político chinés e secretario xeral do Partido Comunista da China. Xi é actualmente o principal membro do Secretariado do Partido Comunista Chinés, o presidente da China, o director da Escola Central do Partido, e o máis importante membro do Comité Permanente do Politburo, que é o órgano de control de facto do país.[1]
Fillo do político comunista Xi Zhongxun, Xi Jinping comezou a súa carreira política na provincia de Fujian, e foi posteriormente escollido como xefe do partido na provincia veciña de Zhejiang, e despois promovido a xefe do partido de Shanghai tras a dimisión de Chen Liangyu. Coñecido polas súas posturas liberais, o duro combate á corrupción e unha franqueza e abertura en canto a reformas políticas e económicas,[2] Xi Jinping é o destacado líder emerxente da quinta xeración de líderes da República Popular da China.
Asumiu o cargo de Presidente da China o 14 de marzo de 2013, na principal sesión lexislativa do Congreso Nacional Popular.
En 2017, foi escollido por The Economist o home máis poderoso do mundo.[3][4]
Remove ads
Traxectoria
Xi Jinping naceu o 1 de xuño de 1953, en Pequín, e a súa familia ten raíces ancestrais en Fuping, Weinan, provincia de Shanxi. É o fillo máis novo de Xi Zhongxun, un dos fundadores da guerrilla comunista en Shanxi e ex-viceprimeiro ministro do país. Á época do nacemento de Xi Jinping, o seu pai era o xefe do departamento de propaganda do Partido Comunista, e máis tarde vicepresidente do Congreso Nacional do Pobo. Cando Xi tiña 10 anos de idade, durante a Revolución Cultural, o seu pai foi expurgado e foi enviado para traballar nunha fábrica en Luoyang, sendo prendido en 1968. Sen a protección do seu pai, Xi Jinping foi traballar a Yanchuan, Shanxi, en 1969, durante a Campaña de Envío ao Campo de Mao Tse Tung. Xi Jinping converteuse en secretario do equipo de produción da rama local do Partido. Cando saíu, en 1975, el tiña só 22 anos. Preguntado respecto a esa experiencia pola televisión estatal chinesa, Xi lembrouna dicindo que "foi emocionante. Foi comovedor. E cando os ideais da Revolución Cultural non puideron ser realizados, esta transformouse nunha ilusión".[5] De 1975 a 1979, Xi estudou enxeñaría química na Universidade de Tsinghua.
Remove ads
Formación e personalidade
Xi Jinping ten doutoramentos en enxeñaría química e ciencia política.
Xi foi descrito en 2011 nun artigo do Washington Post por aqueles que o coñecen como "pragmático, serio, cauteloso, traballador e discreto". Xi tamén foi descrito como unha boa man na solución de problemas e "aparentemente desinteresado nas trampas do alto cargo". Tamén é coñecido por adorar filmes de Hollywood, como Saving Private Ryan e Infiltrados, eloxiando tamén o cineasta independente Jia Zhangke.
Remove ads
Vida persoal
Xi casou coa famosa cantante folk chinesa Peng Liyuan (彭丽媛) en 1987. Peng Liyuan, un nome familiar na China, era moito máis coñecida para o público do Xi ata o seu ascenso político. A parella frecuentemente vivía separada debido en gran parte ás súas distinguidas vidas profesionais. Teñen unha filla chamada Xi Mingze (习 明泽), que estudou na Universidade Harvard no outono de 2010 cun pseudónimo.[6]
É coñecido por ser fanático por fútbol. Incentivou a práctica do mesmo no país, convertendo o deporte en obrigatorio nas escolas chinesas, alén de construír miles de campos de fútbol espallados polo país.[7] Tamén deu valor ao Campionato Chinés de Fútbol.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads