Xosé Antonio Touriñán

actor e humorista galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Xosé Antonio Touriñán
Remove ads

Xosé Antonio Touriñán Rodríguez, nado o 16 de marzo de 1980, en Castelo, Culleredo, é un actor, humorista e presentador de televisión galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Formouse no teatro escolar en Tarrío e no Instituto Crucero Baleares de Culleredo, e licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa. A principios do 2000 creou con Marcos Pereiro o dúo cómico Os 2 de Sempre. Interpretando as personaxes de Mucha e Nucha, realizaron as súas primeiras aparicións televisivas nas últimas edicións do Supermartes, da Televisión de Galicia, e máis tarde acadaron sona cos mesmos roles no programa Luar.[1] En 2006 realizou a súa primeira incursión no cine, cun pequeno papel no filme Días azuis, de Miguel Santesmases.[1] Durante os seguintes anos aparceu ademais noutros programas da TVG como Air Galicia ou a serie de éxito Padre Casares.

No ano 2007 abriu en Carral xunto a Marcos Pereiro o local de espectáculos e concertos Sala The Star, que se mantivo activo até 2012. No 2009 fundou, tamén con Marcos Pereiro como socio, a súa propia produtora, Airapro Producións, unha pequena empresa con sede en Carral e Betanzos, que traballa no sector audiovisual e da representación artística, xestionando grupos musicais e humoristas como Heredeiros da Crus, Pepo Suevos e as propias "Cantareiras de Ardebullo". 

En 2009 presentou o programa sobre sendeirismo Botarse ao monte, polo que recibiu o seu primeiro nomeamento aos premios Mestre Mateo, premios que el mesmo presentou por primeira vez en 2010.

Entre 2011 e 2015 apareceu en Era visto!, interpretando ao taberneiro Puskas. Traballou habitualmente en Land Rober, e en 2012, despois de que o seu presentador, Roberto Vilar marchase a Mediaset, e o programa fose cancelado, Touriñán pasou a presentar un novo espazo no mesmo horario e co mesmo equipo: Tourilandia.[2][3] En 2014 chegoulle o seu primeiro papel de importancia no cine, no filme de Alfonso Zarauza Os fenómenos.[1]

En 2018 traballou na serie de Antena 3 Fariña, baseada no libro homónimo de Nacho Carretero, e onde interpretou a un dos fillos do traficante Manuel Charlín. Dende 2021 presenta xunto con Marta Hazas para TVE o programa de viaxes Rutas bizarras, emitido en La 2.[4] A continuación protagonizou o filme Cuñados e tivo un papel en Malencolía.

Remove ads

Vida persoal

Xunto á súa parella, Patricia, é pai de dous fillos: Antía e Andrés.[5]

Filmografía como actor

Thumb
Xosé Antonio Touriñán no espectáculo de Mucha e Nucha, as Cantareiras de Ardebullo, nas festas do Carme de Marín
  • Supermartes (2005), programa de televisión.
  • Marta (2006), curtametraxe de Juan de Oliveira Rubinos.
  • Días azuis (2006), longametraxe de Miguel Santesmanes, interpretando a Pincha La Palma.
  • En pé de festa (2006), programa de televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes.
  • Efectos secundarios (2007), serie de televisión, interpretando a Emilio.
  • Luar (2008–2011, 2013), programa de televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes.
  • Air Galicia (2009), programa de televisión, interpretando a varias personaxes.
  • Padre Casares (2008– ), serie de televisión, interpretando a Rodolfo.
  • Land Rober (2009–2011), programa de televisión, interpretando a Ricardo e outras personaxes.
  • Era visto! (2011–2014), serie de televisión, interpretando ao taberneiro Puskas.
  • Un soño de Nadal (2011), programa especial televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes.
  • A Casa da Conexa (2012–2014), programa de televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes.
  • Un conto de Nadal por Mucha e Nucha (2013), programa especial televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes.
  • Os fenómenos (2014), longametraxe de Alfonso Zarauza, interpretando a Curtis.
  • Land Róber Tunai Show (2015– ) programa de televisión cómico, copresentador e actor interpretando varios personaxes.
  • Buscando Ardebullo (2016).
  • Vidago Palace (2017), serie de televisión, interpretando ao Padre Raimundo.
  • Fariña (2018), serie de televisión de Antena 3, interpretando a Paquito Charlín.
  • Justo antes de Cristo (2018), serie de televisión de Movistar+, interpretando o escravo Agorastocles.
  • Somos criminais (2018), con Carlos Blanco.
  • Pequeñas coincidencias (2018-2020), serie de televisión de Amazon, interpretando a Rafa.
  • Unha noite na praia (2019), peza de teatro escrita e dirixida por Javier Veiga.
  • A desorde que deixas (2020), serie de televisión de Netflix, interpretando a Acevedo.
  • Cuñados (2021), longametraxe de Toño López, interpretando a Sabonis.
  • El club del paro (2021), longametraxe de David Marqués.
  • +Cuñados (2024), longametraxe de Luis Avilés.

Como presentador de televisión

Remove ads

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

Máis información Ano, Categoría ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads