9ª edición dos Premios Mestre Mateo

9ª edición dos Premios Mestre Mateo From Wikipedia, the free encyclopedia

9ª edición dos Premios Mestre Mateomap
Remove ads

A 9ª edición dos Premios Mestre Mateo galardoou ás producións audiovisuais de Galicia de 2010 e celebrouse o 17 de abril de 2011. Durante a cerimonia, a Academia Galega do Audiovisual presentou os Premios Mestre Mateo en 29 categorías. A cerimonia celebrouse no Auditorio Municipal de Ourense. Os presentadores foron Belén Regueira e Xosé Antonio Touriñán. Nesta edición de 2011, na que se entregan os premios aos mellores proxectos desenvolvidos durante o ano 2010, presentáronse 130 traballos, 330 profesionais e 103 produtoras.

Datos rápidos Datas e cronoloxía, Características ...
Thumb
Auditorio Municipal de Ourense, onde se celebrou a gala.

O martes 15 de marzo de 2011 déronse a coñecer os finalistas[1], destacando 18 comidas, dirixida polo lucense Jorge Coira, nomeada en 16 categorías. Con 14 candidaturas contou Retornos, de Luis Avilés Baquero, que ao igual que a película de Coira opta, entre elas, á de mellor longametraxe e mellor dirección. Crebinsky competiu en 12 categorías, Mar libre en 9, Matalobos en 7 e Padre Casares en 3.[2]

Xosé Manuel Olveira "Pico", presidente da Academia Galega do Audiovisual, deu a coñecer os gañadores do Premio Revelación Chano Piñeiro e do Premio de Honra Fernando Rey, concedidos respectivamente a Óliver Laxe e Luís Tosar, respectivamente[3].

Remove ads

Premios

Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.[4]

Thumb
Jorge Coira, mellor director
Thumb
Miguel de Lira, mellor actor
Thumb
María Vázquez, mellor actriz.
Thumb
Xosé Manuel Olveira "Pico", mellor actor secundario
Thumb
María Bouzas, mellor actriz secundaria
Thumb
Roberto Vilar, mellor comunicador.
Máis información Mellor filme, Mellor dirección ...

Premio de Honra Fernando Rey

Premio Revelación Chano Piñeiro

Predecesor:
8ª edición dos Premios Mestre Mateo
Premios Mestre Mateo
9ª edición dos Premios Mestre Mateo
Sucesor:
10ª edición dos Premios Mestre Mateo
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads