Xosé Manuel Pazos
escritor e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Xosé Manuel Pazos Varela, nado en Coiro (Cangas) o 19 de marzo de 1957 e finado en Vigo o 25 de xaneiro de 2021[1], foi un escritor, dramaturgo e político galego.
Remove ads
Traxectoria
Participou como actor, autor e director, na creación dos grupos de teatro afeccionado de Cangas Matamoura e Múa, da sección de Vigo-Cangas da Escola Dramática Galega, e da Compañía profesional Teatro de Ningures. Participou na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, da que foi responsable nas nove primeiras e na 11ª edición. Traballaba habitualmente para Teatro de Ningures e a Revista Galega de Teatro. Colaborou en varios espectáculos de Teatro do Atlántico e con outras compañías como o Centro Dramático Galego.
Foi concelleiro de Cultura de Cangas en dúas etapas: 1995-97, por Esquerda Unida-Esquerda Galega e 2007-09 pola Alternativa Canguesa de Esquerdas. Entre 1997 e 2001 foi deputado no Parlamento de Galicia por Esquerda de Galicia. Dende 2011 foi concelleiro na oposición no Concello de Cangas.
Nas eleccións municipais de 2015, encabezou a candidatura de ACE e foi elixido alcalde de Cangas grazas ao apoio de BNG e ASxUN. En 2019 recuncou na alcaldía á fronte de ACE co apoio do PSOE, BNG e Avante, aínda que conformou un bipartito só cos primeiros.
Faleceu no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo mentres continuaba á fronte do concello a causa dunha insuficiencia cardíaca derivada do cancro pulmonar que arrastraba dende había anos.
Remove ads
Recoñecementos
Dende o 13 de maio de 2022 o auditorio de Cangas leva o nome de Xosé Manuel Pazos Valera para homenaxear a súa traxectoria e impulso da cultura da comarca.[2]
Obra
- Ida e volta (Taxi), premio Max ao mellor autor teatral en galego.
- Desembarco dos turcos.
- María Soliña.
- Act-Tress.
- Crónica da peste.
- María Soliña ou O profeta ou o derradeiro berro de Randulfo.
A súa versión teatral da novela de Suso de Toro Círculo recibiu o Premio Max ao mellor texto Teatral en galego en 2003.
Foi o autor da letra do tema "María Soliña" do grupo de rock Astarot.
Traduciu a José Luis Alonso de Santos, Juan Mayorga, Luigi Pirandello, Ernesto Caballero de las Heras, Itziar Pascual e José Sanchis Sinisterra.
Obra literaria publicada
Traducións
Obras colectivas
- Estilo de exercicios, para exercicios de estilo, con Henrique Harguindey, 1995, Xerais.
- Banqueiros, 2012, Laiovento.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads